lunes, 21 de agosto de 2017 12:15




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

Exposición "Os cerebriños do arco da vella", no Centro Cultural Marcos Valcárcel

|

Os crebriños

Ourense, 12 de febreiro de 2015.- O Centro Cultural "Marcos Valcárcel" acolleu hoxe a presentación da exposición "Os cerebriños do Arco da Vella", da escultora Flor Fernández Santamarina (Estevesiños, Monterrei), acto que contou coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; da escultora; do director do Centro Cultural, Francisco González, e do asesor de Cultura da Deputación, César Fernández.

A mostra, que se inaugura esta tarde ás 19.00 horas e que permanecerá exposta ata o vindeiro 8 de marzo, exhibe un total de 32 pezas escultóricas, realizadas en porcelana, ferro, barro refractario e madeira, que a autora interpreta como unha exposición onde a esfera "é centro e límite, un elemento que contén ideas e paixóns, principio e fin, unha repetición non automática senón pasional".

Os elementos principais da mostra son cinco esferas de porcelana, "os cerebriños", como os define a creadora, "que son seres esféricos aos que quero amosarlles o meu mundo, conformado polas demais pezas da exposición". Entre os elementos que o espectador pode atopar nesta proposta escultórica que ofrece o Centro Cultural figuran o conxunto denominado "Heroínas", co que a autora quere homenaxear ás mulleres, ou obras que reflicten as lembranzas de infancia de Flor Fernández.

A mostra conxuga literatura e escultura pois "Os cerebriños do arco da vella" é un relato escrito pola autora, que agora cobra vida tridimensional en forma de esculturas cun fondo significado espiritual, enerxético e universal.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pombapress animation

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress