#Claves de la semana

A ESTACIÓN DE MONTAÑA DE MANZANEDA ACOLLEU UN GRAN ALUVIÓN DE VISITANTES DURANTE TODA ESTA SEMANA

Perto de 6.000 visitantes gozaron das instalacións da estación galega durante o pasado fin de semana, reunindo esquiadores procedentes principalmente de Galicia, El Bierzo e o norte de Portugal.

Dende Turismo de Galicia apóstase por esta estación de montaña como importante polo de atracción turística e elemento dinamizador da zona.

O Plan Integral de Turismo de Galicia inclúe, entre outras accións a desenvolver na estación de Manzaneda, o deseño dun programa para tempada baixa no que se intensifique a oferta de actividades de turismo activo ou o impulso da organización e celebración de novos eventos deportivos ao longo de todo o ano.


|


0001.jpg


Ourense, 13 de febreiro de 2015.- Esta semana supuxo para a estación de montaña Manzaneda o segundo gran aluvión de visitantes durante esta tempada, grazas a unhas condicións meteorolóxicas inmellorables para a práctica deportiva, con todas as pistas abertas –un total de 23 que suman máis de 16 quilómetros - e días soleados.


O sol e a neve aliáronse para que a estación de montaña contabilizase 2.500 forfaits vendidos durante os dous días do pasado fin de semana. Esta cifra, sumada á de aquelas persoas que desprazáronse unicamente para gozar coa neve e o bo tempo elevou ata preto dos 6.000 o total de visitantes que gozaron das instalacións da estación galega, reunindo esquiadores procedentes principalmente de Galicia, El Bierzo e o norte de Portugal.


O domingo foi o colofón a un gran fin de semana para o esquí en Galicia xa que a estación de montaña Manzaneda acolleu un ano máis os campionatos galegos de esquí alpino en todas as súas categorías tanto masculinas coma femininas. Foron máis de 60 os participantes da competición, que se disputou na pista Pluviómetro 2, baixo a modalidade de xigante a dúas mangas e que contou con representantes tanto de Galicia coma de Asturias e Castela e León.


Deste xeito, a ocupación da estación de montaña galega alcanzou no fin de semana o 98%, funcionando a pleno rendemento.


Durante os tres primeiros días da semana a estación de Manzaneda acolleu a máis de 1.700 clientes -625 o luns, 776 o martes e 383 o mércores- rexistrando un total de 14.319 subidas en telecadeira -4.902 no luns, 6.633 o martes e 2.784 o mércores-.


Todos os servizos da estación estiveron operativos minimizando as colas tanto en despachos, coma no aluguer e remontes, estando ademais as tres cafetarías e os dous restaurantes abertos, que proporcionaron servizo non só aos esquiadores, senón tamén aos numerosos visitantes.

Importante polo de atracción turística

A estación de Manzaneda non está reservada exclusivamente á época de neve xa que ofrece numerosas actividades deportivas e de ocio así como programas sociais e culturais tanto para nenos como para adultos.


Entre os seus grandes atractivos destacan a súa tirolina xigante e o parque multiaventura, coa actividade de paintball recen estreada no pasado mes de xaneiro, que contan con gran aceptación tanto entre nenos como adultos durante todo o ano.


Neste senso, dende Turismo de Galicia apóstase por esta estación de montaña como importante polo de atracción turística e elemento dinamizador da zona. Entre outras accións levadas a cabo por Turismo de Galicia podemos destacar a sinalización turística da estación e dos seus arredores así como as accións de mellora das súas instalacións.


Así mesmo, o Plan Integral de Turismo dedica unha das súas liñas estratéxicas á oferta turística baseada no patrimonio e nos recursos endóxenos, buscando a desestacionalización e os novos públicos.


Nesta liña a folla de ruta de Turismo de Galicia inclúe accións concretas a desenvolver na estación de montaña de Manzaneda coma o deseño dun programa para tempada baixa dirixido ao segmento de deportistas afeccionados no que se intensifique a oferta de actividades de turismo activo ou o impulso da organización e celebración de novos eventos deportivos ao aire libre nos recursos naturais galegos ao longo de todo o ano.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE