#Claves de la semana

A Comisión Europea aproba o programa operativo FEDER da XUNTA para 2014-2020, polo que Galicia poderá empezar a executar 900 millón de fondos comunitarios

Ratíficase o que lle avanzara a principios de mes a comisaria de Política Rexional ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nun encontro en Bruxelas


Galicia é unha das primeiras comunidades cuxo programa operativo Feder recibe a aprobación das autoridades europeas 


|

Bruxelas Feijoo

antiago, 14 de febreiro de 2015.- A Comisión Europea vén de aprobar o Programa operativo Feder elaborado pola Xunta para o período 2014-2020, de forma que Galicia é unha das primeiras comunidades autónomas en ter aprobado este programa. Isto permitirá desbloquear os primeiros 900 millóns de euros de fondos europeos, dos 4.000 millóns que vai recibir a Comunidade galega ata 2020.



A Comisión Europea ratifica así o que xa lle avanzara a principios deste mes a comisaria de Política Rexional, Corina Cretu, ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nunha reunión celebrada en Bruxelas. Unha vez que o programa operativo recibiu a aprobación, a Xunta de Galicia poderá comezar a executar xa os fondos correspondentes ao novo marco comunitario.


Os obxectivos temáticos nos que se concentrará o investimento responden precisamente á Estratexia de Especialización Intelixente deseñada polo Goberno galego, e que se centra nunha clara aposta por un novo modelo de crecemento económico baseado no coñecemento e na innovación.


Entre estes obxectivos temáticos prioritarios –que concentrarán o 65% do investimento- figuran a potenciación da I+D+i, a mellora do uso e a calidade das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), a competitividade das pequenas e medianas empresas e a aposta por unha economía baixa en carbono en todos os sectores.


Ademais, nas prioridades de investimento tamén están o apoio á eficiencia enerxética e o incremento no uso de enerxías renovables, a promoción do espírito empresarial impulsando a creación de novas empresas, o saneamento das rías, o fomento do turismo ou a preservación do medio ambiente.


O Programa operativo Feder elaborado pola Xunta para o período 2014-2020 inclúe tanto actuacións directas como instrumentos financeiros e subvencións dirixidas ás pemes ou ao fomento da investigación e a innovación.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE