O aeroporto de Santiago comeza o ano cun crecemento do 11,04% en pasaxeiros nas conexións internacionais

|

No pasado mes de xaneiro, as conexións internacionais do aeroporto de Santiago moveron 21.895 pasaxeiros, un 11,04% máis que os 19.477 de xaneiro do 2014. Así, o aeroporto comezou o ano continuando co crecemento do tráfico nas súas conexións internacionais directas, un crecemento que comezou no 2012 e que conseguiu que tanto no 2013 coma no 2014 se marcasen dous máximos consecutivos.



No mes de xaneiro houbo once conexións internacionais no aeroporto: Xenebra, Londres Stansted, Basel, Londres Gatwick, Frankfurt e Estambul, que son conexións de carácter anual, e Zurich, París, Roma, Ámsterdam e Bruxelas, que operan na temporada de verán, pero tiveron voos especiais neste Nadal. En xaneiro do ano pasado foron oito as conexións que operaron no aeroporto. As novidades deste ano foron Roma, Ámsterdam e Bruxelas.



O crecemento de xaneiro indica que neste 2015 xa se está en camiño de superar o máximo histórico que se marcou o ano pasado. O obxectivo é chegar por primeira vez ao medio millón de pasaxeiros nas conexións internacionais do aeroporto. Esta cifra poderá lograrse gracias a que este ano será o de maior conectividade internacional, con 18 rutas directas con mercados turísticos estratéxicos para a cidade.



As 18 conexións internacionais do aeroporto de Santiago neste ano serán operadas por seis compañías. Vueling: Roma, Düsseldorf, Munich, Berlín, París, Ámsterdam, Bruxelas e Zurich. Easyjet: Roma, Londres, Xenebra e Basel. Ryanair: Londres, Frankfurt, Milán. Aer Lingus: Dublín. Turkish Airlines: Estambul. Swiss: Zurich.



Estas 18 conexións suporán un aumento de cinco novas rutas no aeroporto de claro interese turístico para Santiago, xa que melloran ampliamente a conectividade da cidade con dous dos seus principais mercados, Alemaña e Italia. En Alemaña as novas conexións serán con Düsseldorf, Munich e Berlín. En Italia Easyjet comezará a operar a conexión con Roma, sumándose a que o ano pasado puxo Vueling. Ademáis haberá unha nova compañía no aeroporto, Swiss, que operará unha conexión con Zurich.




Evolución dos pasaxeiros nas conexións internacionais no aeroporto de Santiago nos últimos dez anos
2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014
240.281 281.322 296.059 288.101 212.043 224.807 219.993 277.219 350.479 449.231


Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress