Besteiro avoga por “recuperar co proxecto socialista de Mar Barcón a prosperidade para A Coruña”

|

BESTEIRO

O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, avogou hoxe por “recuperar co proxecto socialista de Mar Barcón a prosperidade para A Coruñanunha cidade irrelevante que actúa de sucursal do Partido Popular de Galicia”.


Somos un partido absolutamente municipalista e A Coruña foi durante moitos anos cos socialistas un exemplo de puxanza, de crecemento, de mellora e de benestar, cunha cidadanía que participaba de todas as melloras sociais”, manifestou o líder do PSdeG.


O líder dos socialistas participou na Casa do Pobo de A Coruña na primeira das reunións que o grupo parlamentario de PSdeG celebrará en diferentes cidades e comarcas galegas, nesta ocasión co grupo municipal liderado por Mar Barcón. Antes da xuntanza, Besteiro, a candidata á alcaldía, José Luis Méndez Romeu, portavoz na Cámara galega, e Carmen Gallego, portavoz de Política Social do Grupo Parlamentario, visitaron a Asociación Pro Enfermos Mentais de A Coruña (APEM).


“A Coruña terá por primeira vez unha muller alcaldesa, Mar Barcón, que ten moi claros cales deben ser os obxectivos para recuperar a prosperidade, hai outra forma distinta de gobernar centrada nos problemas dos veciños, a única maneira de facer as cousas é pensando no ben dos cidadáns”, engadiu Besteiro.


“Despois de catro anos negros de xestión, os coruñeses teñen que sentir que hai un Concello que se ocupa deles, dos seus problemas reais e non de temas que non deben ter nada que ver coa política, a candidatura do PSdeG é moi competitiva”, aseverou.


Pola súa parte, o portavoz dos socialistas no Parlamento de Galicia, José Luis Méndez Romeu, lembrou que “A Coruña marcou fitos senlleiros no municipalismo e agora temos un Goberno galego que incumpre os seus compromisos coa cidade, tanto en materia de emprego como en infraestruturas tan importantes como o porto exterior”. O PSdeG levará de novo á Cámara nas vindeiras datas iniciativas relativas á cidade.


A candidata a alcaldía, Mar Barcón, lamentou tamén “o desprezo do proxecto do PP coa universidade, a dependencia, os colectivos máis desfavorecidos ou o impulso do I+D, A Coruña perdeu unha lexislatura e o noso obxectivo é recuperar as políticas sociais e o emprego”.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress