#Claves de la semana
VIGO, GALICIA NA ALTA COMPETICION

Lete Lasa recibe os deportistas pontevedreses campiós de España de Vela, Xinmnasia e outras 17 modalidades deportivas

Agradécelles en nome de toda Galicia a súa contribución ao desenvolvemento do país, posto que eles son “os auténticos protagonistas do deporte”, unha actividade que favorece moi directamente a educación, a saúde, a cohesión social, a cultura e a economía.


Gaba a súa función de espello para as xeracións máis novas, promovendo os hábitos de vida saudables e favorecendo que a alta competición en Galicia manteña no futuro a súa actual puxanza


|



Vigo, 24 de febreiro de 2015.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, recibiu esta tarde unha ampla representación dos deportistas pontevedreses proclamados campións de España en 2013 e 2014 na categoría absoluta ou previa á absoluta, nas modalidades de vela, ximnasia, xadrez, hípica, pesca, baile deportivo, aeronáutica, atletismo, bádminton, billar, ciclismo, tenis, tiro, salvamento e socorrismo, deportes de inverno, kung-fu, motociclismo, natación e squash.


O titular de Deportes da Xunta felicitou aos protagonistas do acto, ao que tamén asistiron directivos das federacións implicadas e familiares dos deportistas, salientando os bos resultados que acadaron na competición nacional e a boa imaxe de Galicia que cos seus logros axudan a trasladar ao exterior.


En total, 166 deportistas da provincia de Pontevedra subiron en 2013 e 2014 ao máis alto do podio nas súas respectivas modalidades deportivas e a Secretaría Xeral para o Deporte quere axudar ao recoñecemento público dos seus logros mediante a celebración deste acto e do celebrado onte na cidade do Lérez para as disciplinas do piragüismo, a loita, o remo, o tríatlon, o taekwondo, o tiro e o judo.


Deportistas por modalidades


Os deportistas recoñecidos no acto de hoxe foron os seguintes, por modalidades deportivas:


Vela: Andrés Álvarez Gil, Gonzalo Araujo Lazare, Luis Bugallo Arriola, Pablo Cabello Vieitez, Lara Cacabelos Afonso, Tirso Cerqueira Atarés, Kevin Figueiras Alonso, Javier Lago Ruiloba, Pedro Martínez Lago, Mario Pérez González, Sergio Rodríguez Fazanes, Andrés Vieitez Suárez.


Ximnasia: Yael Campelo Antón, Anxo Corcoba Arca, Iván Estévez Benavides, Daniel Pérez Morales, Martín Rodríguez Díaz, Blanca Rodríguez Iglesias, Adrián Soliño Filgueira, Julia Vázquez Pérez.


Xadrez: Julio Suárez Gómez.


Hípica: Sara Alonso Rocha, Andrea Vidal Domínguez, Andrés Lorenzo Rodríguez.


Pesca: Juan Carlos del Valle Alcántara.


Baile deportivo: Adrián Esperón Vidal, Patricia Martínez Pereira.


Aeronáutica: Gerardo Martínez Guisande.


Atletismo: Frank Casañas Hernández, Jean Marie Okutu.


Bádminton: Brais Alves Estévez, Pablo Sanmartín Andújar.


Billar: David Alcaide Bermúdez.


Ciclismo: Susana Alonso Carballo, Raúl Fernández Lorenzo, Antonio Ferreiro Pajuelo, Óscar González Brea.


Tenis: Martín de la Puente Riobó


Tiro: Juan Antonio Saavedra Reinaldo.


Salvamento e Socorrismo: Cristina García Marín.


Deportes de inverno: Óscar Piñeiro Pérez, Alejandro Gómez Cabral, Mónica Touriño Ferreirós.


Kung-Fu: Raquel Bravo Pereira, Sergio Domínguez Otero, Tito Fernández Pérez, Fabián Fonseca Torre, Francisco Galego Sánchez.


Motociclismo: Gabriel Marcelli Carballido, Martín Riobó Hermelo, Rubén Fernández García

Natación: Beatriz Gómez Cortés.


Squash: Xisela Aranda Núñez, Marta Domínguez Fernández, Cío García Barderas, Icía Riveiro Andrade, Pablo Quintana Estévez.


Galicia na alta competición, no presente e no futuro


No transcurso do acto, Lete Lasa agradeceu en nome de toda Galicia a contribución destes deportistas ao desenvolvemento do país, posto que eles son os auténticos protagonistas do deporte, unha actividade que favorece moi directamente a educación, a saúde, a cohesión social, a cultura e a economía. Agradeceulles especialmente que actúen como espello para as xeracións máis novas, promovendo os hábitos de vida saudables e favorecendo que a alta competición en Galicia manteña no futuro a súa actual puxanza.


Neste sentido, lembrou o apoio da Xunta aos deportistas, con 337 recoñecidos no alto nivel (DGAN), máis de 100 equipos de alta competición patrocinados directamente, e máis de 1.000 equipos de base apoiados, ao que cómpre engadir as instalacións de referencia no eido da tecnificación e o alto nivel que o goberno galego pon a disposición dos deportistas. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE