Ribeiro, Ourense

Reconocidos prescriptores do mundo do viño vistan a Denominacion de Orixe Ribeiro en Ourense

|

Viñedos ribeiro

ribeiro grupo

Ribadavia, 25 de febreiro de 2015. A D.O. Ribeiro, recibiu a visita de importantes figuras do mundo do viño a nivel internacional na xornada de onte como complemento á súa activa participación no Primeiro Foro dos Viños Atlánticos, Atlante Wine Forum, organizado polo Instituto Galego do Viño e co-patrocinado polo C.R.D.O. Ribeiro, para que coñezan de primeira man a D.O. más antiga de Galicia a través dos seus viños, os seus viñedos, as súas xentes, os seus solos, así como os seus lugares máis emblemáticos ou a súa gastronomía típica.



Personalidades entre as que se atopaban Peter Richards, Master of Wine británico e presentador da BBC, os franceses Claude y Lydia Bourguignon, fundadores do LAMS (Laboratorio de Análisis Microbiológico de Suelos), Dimitris Leivadas, consultor, e ex-xefe de sala do restaurante inglés con 3 Estrellas Michelín The Fat Duck, Cristina Alcalá, enóloga, comunicadora en numerosos medios nacionais e internacionais, na actualidade, directora de 5 Senses Wine, e Rafael del Rey, director xeneral da Fundación Observatorio Español del Mercado del Vino, gozaron dun percorrido pola única Denominación de Orixe que se localiza nunha zona especial de transición Atlántico-Mediterránea, o que xera unha situación agroclimática única, e que lle permite ser o que é, despois de case dous mil anos de historia.



O percorrido, que incluíu unha cata inspiradora de diferentes viños da comarca, puxo en valor a D.O. cas súas particularidades propias do lugar, degustando viños dende a colleita 2007 ata a nova 2014, en entornos emblemáticos; viñedos que datan do século XII e referencias arquitectónicas e culturais da comarca nas que o Mosteiro de San Clodio, como referente da orde Cisterciense que xerou as actuais variedades autóctonas do Ribeiro, non podía faltar. Durante toda a visita, os prescriptores estiveron acompañados polo persoal do C.R.D.O. Ribeiro así como do INGAVI, representado polo seu director, Xoán Cannas.



Enoturismo de Ribeiro



Así mesmo, aproveitouse para que estas eminencias do viño coñecesen tamén o perfil enoturístico da zona, destacando o seu potencial e identidade como valor engadido e imprescindible á hora de comercializar os viños no mundo, nun enclave privilexiado. Estes expertos destacaron con asombro numerosas cualidades sobre as características desta rexión, os seus solos, as súas variedades autóctonas poñendo en valor o terreo, os solos, a climatoloxía, e las diferentes mesturas de uvas, anadas e terruños. O balance da visita é excelente; historia, territorio e bo produto posicionan á D.O. Ribeiro como unha das mellores rexións vitivinícolas do mundo. 

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress