#Claves de la semana
O CENTRO CULTURAL MARCOS VALCARCEL PRESENTA A OBRA DE ANTON SOBRAL ATE O 5 DE ABRIL

Antón Sobral trae o mar a Ourense coa exposición “Bitácora dun mariñeiro sentimental”

Eu sempre pintei paisaxes pero, sobre todo, o mar, porque o mar ten horizonte, o mar prodúceme acougo e tranquilidade, incluso ese mar bravo que peta contra as rochas, a min dame unha paz interior”. Así se expresou o artista pontevedrés


|

Rosendo Fernandez, Antón Sobral e Fancisco Gonzalez, na presentación



Ourense, 26 de febreiro de 2015.-Eu sempre pintei paisaxes pero, sobre todo, o mar, porque o mar ten horizonte, o mar prodúceme acougo e tranquilidade, incluso ese mar bravo que peta contra as rochas, a min dame unha paz interior”. Así se expresou o artista pontevedrés Antón Sobral, na presentación da exposición “Bitácora dun mariñeiro sentimental” que esta tarde inaugúrase no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación. Sobral, que lembrou a súa amizade dende tempos da universidade co propio Marcos Valcárcel, dixo sentir unha honra especial por poder amosar o seu traballo nun centro que leve o nome do seu amigo despois de ter nás súas costas máis de 200 exposicións en lugares tan senlleiros como París, Milán, Viena ou New York.


O vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, coincidíu co autor nesa relación mútua co mar, ate o punto de lembrar a súa etapa de formación como médico en Plasencia e como se achegaba ate o río Tajo “porque era o máis parecido ao mar que podía ver” e fixo especial mención a que un artista tan cosmopolita como Sobral escollera este lugar do interior de Galicia para amosar a súa obra.


O director do centro cultural, Francisco González, aludíu á profesionalidade de Antón Sobral e á honra que para o Centro Cultural “Marcos Valcárcel” supón traer a un artista da súa trayectoria profesional.


A mostra, que estará aberta ate o vindeiro día 5 de abril, inclúe óleos, fotografía, poesía, vídeo e libro de artista.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE