viernes, 18 de agosto de 2017 01:11




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

O turismo internacional en Galicia incrementou en xaneiro as pernoitas

|



Segundo os datos publicados no día de hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE), no pasado mes de xaneiro Galicia rexistrou un incremento do seu volume de viaxeiros aloxados nos establecementos regrados do 12,3%, ata situarse en 142.315. Subiron tamén no pasado mes as pernoitas nun 2,6%, contabilizándose 261.888 no conxunto da Comunidade.


Deste xeito, por vez primeira desde o inicio da crise a mediados do 2008, Galicia rexistrou un incremento da demanda en termos interanuais neste primeiro mes do ano.


Segundo os datos do INE, neste mes de xaneiro, Galicia rexistrou un comportamento homoxéneo nos dous grandes segmentos de mercado. Subiu o turismo nacional, nun 1,8%, consecuencia dun maior volume de viaxeiros españois aloxados nos establecementos regrados de Galicia –incrementáronse nun 10,7%-, e incrementouse o turismo internacional superando nun 14,7% o volume das súas pernoitas e nun 22,5% a súa cifra de viaxeiros.


Neste primeiro mes do ano o 84% da demanda turística regrada rexistrada en Galicia correspondeu ao mercado nacional mentres que o 16% restante foi internacional.


A nivel estatal incrementáronse tamén os niveis de demanda regrada no primeiro mes do ano. En concreto a cifra de viaxeiros aloxados subiu nun 7,8% e a das pernoitas nun 3,1%. Galicia foi a quinta comunidade co incremento mais intenso en termos de viaxeiros.


Incremento da demanda turística en todas as tipoloxías de aloxamento


En xaneiro o 95% da demanda turística regrada de Galicia correspondeu aos establecementos hoteleiros, porcentaxe que inclúe tanto aos hoteis como ás pensións.


O 5% restante situouse polo tanto no segmento extrahoteleiro, porcentaxe que neste caso reúne os apartamentos turísticos –que representaron o 3% da demanda total e os establecementos de turismo rural –que supuxeron o 2,1% neste caso-.


A mellora dos niveis da demanda turística rexistrada en Galicia neste mes de xaneiro afectou todas as tipoloxías de aloxamento consideradas. No segmento hoteleiro o incremento situouse no 1,9% mentres que no extrahoteleiro a mellora foi do 18%. Neste senso, cómpre destacar o incremento rexistrado nos apartamentos turísticos que foi do 19,5% e nos establecementos de turismo rural cunha suba do 14,9% neste caso.


O comportamento positivo da demanda rexistrado en Galicia no primeiro mes do ano traduciuse nunha mellora tamén dos niveis de ocupación nas diferentes tipoloxías de aloxamento. Deste xeito, a ocupación subiu no mes de xaneiro en 0,3 puntos porcentuais nos establecementos hoteleiros, en 0,6 puntos nos apartamentos turísticos e en 0,7 puntos no turismo rural.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pombapress animation

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress