#Claves de la semana
CAMPIONATOS DO MUNDO DE FÚTBOL GAÉLICO

Seleccións Galegas ao Mundial!

A Asociación Galega de Fútbol Gaélico, anuncia a presenza da Selección Galega, masculina e feminina, nos primeiros Campionatos do Mundo de Fútbol Gaélico, que terán lugar do 5 ao 8 de marzo en Abu Dhabi, capital dos Emiratos Árabes Unidos. 


Dita competición estará organizada pola confederación anfitrioa, Middle East GAA, e co patrocinio de Etihad Airways.


|



Selecións Galegas masculina e feminina 


O campionato contará coa participación de equipos e seleccións dos cinco continentes, no masculino divididos en dous grupos, un deles onde figurarán os equipos campións das distintas confederacións mundiais e un segundo con seleccións nacionais. A nosa Selección queda encadrada neste último coas seleccións de Arxentina, Sudáfrica e o Golfo Pérsico, e ao que se engadirían, no caso de confirmarse a súa presenza, as seleccións de Italia, Francia e India. No caso da feminina, haberá un so grupo englobando os equipos campións e seleccións.


Trátase da primeira competición internacional de seleccións do noso deporte nos seus 130 anos de historia e, como gran acontecemento e escaparate mundial do mesmo compartirá espazo con outros eventos deportivos e culturais, como partidos de exhibición dos outros deportes gaélicos (handball e hurling) ou de equipos de categorías inferiores, entre outros.


A presenza da nosa selección neste Mundial é de por si un éxito incrible, pola importancia do mesmo e o recoñecemento que supón do traballo realizado desde a nosa Asociación e cada un dos nosos clubes. Por iso, agradecémoslle á nosa Confederación, a European County Board, e ao seu presidente, Brian Sheehy, a invitación recibida.



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE