#Claves de la semana
UNHA INICIATIVA SOLIDARIA DOS ARTISTAS XOSÉ LOIS CARREIRA E IÑAKI ARANZÁBAL

Cerca de 24.000 persoas visitaron a exposición solidaria "Vidas Entrecruzadas" no Museo Municipal de Ourense

O proxecto solidario Vidas Entrecruzadas é unha iniciativa de Xosé Lois Carreira e Iñaki Aranzabal que durante o ano 2014 e comezos do 2015 levou ao Museo Municipal de Ourense unha selección de pezas artísticas acompañadas de textos.

A iniciativa tiña ademais un fin solidario, xa que a obra que se amosaba cada mes subastábase despois para destinar a recadación á organización Médicos sen Fronteiras.

 

|


Vidas Entrecruzadas clausurouse o pasado venres 27, nun acto no que os seus promotores estiveron acompañados pola concelleira de Cultura, Ana Garrido e máis pola directora do Museo Municipal, Eva Torres, que fixeron un balance e unha valoración xeral da iniciativa.


23.935 persoas


Así e segundo indicaron, o éxito desta iniciativa ven confirmado pola cifra de visitantes, xa que un total de 23.935 persoas pasaron polo Museo para interesarse polas obras do proxecto. Ademais de destinar a recadación da venda das obras a Médicos sen Fronteiras, outra finalidade da proposta era a divulgación de relatos, de momentos transcendentais da humanidade con temas controvertidos, sempre cun tratamento e desenvolvemento do conflito que procura enriquecer e fomentar o pensamento crítico.


O Museo Municipal de Ourense foi a primeira parada deste proxecto Vidas Entrecruzadas, que agora visitará outras cidades coma Eibar.



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE