#Claves de la semana

Xantar consolídase como a única cita internacional de España especializada en turismo gastronómico


|



Ourense.- Xantar 2015, que se celebra en Expourense entre o 4 e o 8 de marzo, centrarase na promoción de destinos gastronómicos baseados nunha cociña sostible e saudable como o demostra a elección do país convidado, Costa Rica, e a organización das máis de 100 actividades profesionais orientadas a conseguir este obxectivo. A 16ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico, convocará en Expourense esta semana a 140 expositores que ocuparán 12.000 metros cadrados de superficie e entre os que destacan 17 restaurantes que ofrecerán 25 menús con prezos comprendidos entre os 12 e os 30 euros baseados nos produtos autóctonos e de calidade de cada rexión. Haberá ademais menús infantís e adaptados para celíacos ou alérxicos e tamén en versión vexetariana.

 

A presenza nesta edición de expositores e participantes de 10 países (España, Portugal, Costa Rica, México, A Arxentina, Francia, Perú, Cuba, Ecuador e Paraguai) ven consolidar a súa condición de "Feira Comercial Internacional", un selo outorgado pola Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Economía e Competitividade, que o converte nunha das cinco citas internacionais de turismo celebradas en España (dúas das cales organiza Expourense) e na única especializada en gastronomía.



 Costa Rica


Costa Rica será o país invitado e participará para promocionarse como “destino gastronómico único, diferenciable, amigable e sostible”, tal e como explicou o ministro de Turismo deste país, Wilhelm von Breymann, durante a presentación de Xantar celebrada en FITUR.


A participación de Costa Rica como país invitado en Xantar 2015 materialízase a través do impulso da empresa de auga mineral X-PINNER WATER que conseguiu a colaboración para participar neste evento da Cámara Costarricense de Restaurantes e Afines (CACORE), a principal asociación empresarial do sector do país con máis de 350 asociados. Esta entidade está apoiada polo Instituto Costarricense de Turismo (ICT), xa que ambos traballan na execución do Plan Nacional de Gastronomía Sostenible e Saudable.


A empresa responsable X-PINNER, auga mineral Premium xurdida das montañas costarricenses, viu en Xantar unha boa oportunidade para introducir o seu produto no mercado ibérico. Este auga, que destaca por gran calidade e pureza, está concibida para “deportes extremos”.


Este país estará presente en todas as accións previstas para esta 16ª edición de Xantar promocionando a súa gastronomía, turismo e produtos agroalimentarios. Contará cun restaurante propio dentro do salón que estará liderado polo prestixioso chef, Luís Guillermo Castro Pérez, natural deste país, e polo coordinador do Plan Nacional de gastronomía deste país, Alejandro Madrigal. 


Restauración


A promoción da calidade da gastronomía ibérica a través de elaborados menús será outro dos obxectivos principais desta edición. Os 17 restaurantes desta edición proceden de Galicia, Castela e León e de tres rexións turísticas de Portugal, ademais de Costa Rica. En total, ofreceranse 25 menús baseados nos seus produtos autóctonos e de calidade, xa que a maioría inclúen alimentos amparados por unha Denominación de Orixe ou Indicación Xeográfica Protexida. Contribuirase así á posta en valor dos alimentos agrogandeiros e pesqueiros de calidade.


Destes restaurantes, 12 pertencen á nosa comunidade e entre todos eles potenciarán a Dieta Atlántica. Facendo un percorrido pola feira podemos comezar saboreando o marisco e o peixe do restaurante Ría de Pontevedra- Beluso, pasando tamén polo de Vila de Cruces para degustar o seu “Galo de Curral” (Festa de Interese Turístico) ou e rematar tomando os doces típicos no de Ponteareas-Vila do Corpus. Adentrándonos xa na provincia de Ourense, destaca o menú “#saboresdeourense” que recolle aos pinchos gañadores dos distintos concursos gastronómicos organizados na cidade. Dentro desta provincia, tamén se pode elixir entre os menús ofrecidos por Terras do Avia, Parada de Sil, Allariz, Laza e Riós. Pola súa banda, o INORDE propón un menú baseado en produtos selectos producidos por COREN. A oferta galega complétase co restaurante do Concello de Lugo e co xestionado pola Asociación Galega de Turismo Rural, AGATUR que presenta dous menús do Ribeiro e da Ribeira Sacra.


Portugal volverá ser un dos protagonistas desta cita gastronómica e participa con tres restaurantes do Norte de centro do País: Vila Real, o Douro-Lamego e Dao-Lafoes. A restauración desta edición complétase con menú de Sanabria que representa a Castela e León como comunidade convidada.


Actividades


O programa de Xantar 2015 ofrece máis de 100 actividades que apostan pola profesionalización do sector hotaleiro. Isto é o que ofrece o programa do 10º Encontro Ibérico sobre Dieta e Saúde que se celebra no marco do salón. Este programa de actividades incluirá tanto conferencias de expertos como exhibicións de cociña en directo, ademais de catas comentadas e degustacións.


Xantar contará por primeira vez con dúas aulas gastronómicas nas que prestixiosos chefs de Galicia, Portugal e Costa Rica (país convidado) farán exhibicións de cociña en directo. Unha estará liderada pola Consellería de Medio Rural e Mar e a outra polo Grupo Cuevas.


Destaca o completo programa de showcookings organizado pola Consellería de Medio Rural e do Mar que traerá ata Expourense a recoñecidos cociñeiros galegos que impartirán obradoiros con produtos de calidade e que cada día (ás 13.00 h.) serán maridados cos viños dunha das cinco Denominacións de Orixe de Galicia. Estas actividades complementaranse con catas profesionais de viños por exemplo do Ribeiro ou Monterrei, e tamén de Mel e de Queixos con D.O. ou I.X.P. de Galicia.


Pola súa parte, o Grupo Cuevas realizará degustacións diarias nas que dará a coñecer os seus produtos máis novidosos enmarcados nunha alimentación sana e equilibrada. Este programa incluirá ademais obradoiros de cociña con Razas Autóctonas de Galicia, do Cluster Galego da Carne, exhibicións de coctelería e de café.


Outra das entidades que apostou por Xantar para dar a coñecer os seus produtos gastronómicos foi Turismo de Porto e Norte de Portugal. Haberá ademais actividades dirixidas a públicos concretos como os celiacos, cun showcooking de menús sen glute ou o obradoiro infantil sobre a prevención activa da obesidade.


O salón organiza o 3º Concurso de cociña “Xantar Gourmet” no que os concursantes deberán preparar unha receita que conteña un produto gourmet galego e dous produtos de calidade de Galicia.


Xantar será o espazo elixido para dar a coñecer distintas iniciativas como é o caso do programa “ComeOurense” promovido pola Concellería de Medio Ambiente de Ourense e que fomenta a agricultura ecolóxica en terreos sen outro uso. A primeira delas será a conferencia inaugural impartida por Marianne Karstens, a experta en Gastronomía da rede europea de cidades URBACT "Sustainable Food in Urban Communities", da que Ourense é a única cidade española membro. Pola súa parte, a Concellería de Turismo de Ourense presentará neste foto a marca “#saboresdeourense” e o Concurso de Pinchos Primavera 2015.


Por outro lado, a Consellería de Sanidade organizará unha mesa redonda sobre nutrición e seguridade alimentaria na que presentará o Plan Xermola para prevención da obesidade infantil; a Guía de orientación para comedores escolares a Información sobre alérxenos facilitada ao consumidor. Esta Consellería entregará ademais o premio ó “Menú máis saudable” de todos os ofrecidos nesta edición.


Outra das actividades que terá continuidade será o XI Encontro Internacional de Cofradías Gastronómicas e Enófilas que espera repetir o éxito da última edición na que reuniu a 50 entidades sendo o segundo encontro deste tipo con máis representantes a nivel mundial.


Actos especiais


Xantar inclúe ademais unha serie de Actos especiais centrados en recoñecer a traxectoria de empresas e profesionais da hostalaría e o turismo. Este é o caso do Acto de recoñecemento aos cociñeiros con Estrelas Michelín e Soles Repsol de Galicia.

.

Encontro bloggers


Durante cinco días, Xantar converterase no epicentro da actualidade vencellada co turismo e á gastronomía e nisto contribuirán os medios de comunicación xeralistas e especializados acreditados para realizar a cobertura do salón e entre os que destacabn este ano os participantes no “Encontro de Bloggers de Turismo e Gastronomía” que proceden de ditintas partes de España e Portugal. Está acción conta co patrocinio do Cluster de Turismo de Galicia.


Turismo de proximidade


Os distintos paquetes turísticos promovidos dende Xantar 2015 conseguiron que estea confirmada a presenza no salón de visitantes procedentes de distintos puntos da Península Ibérica, así como das distintas escolas de hostalaría de Galicia e Portugal 

Programa de actividades actualizado: http://www.xantar.org/lat2new.php

Menus de Xantar: http://www.xantar.org/lat8_act.php

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE