#Claves de la semana
O secretario xeral para o Deporte asina os convenios anuais de colaboración coas federacións deportivas de Galicia

Lete Lasa defende o papel esencial das federacións deportivas galegas na promoción e fortalecemento do deporte galego

O secretario xeral subliñou a función insubstituíble das federacións autonómicas na extensión da práctica deportiva e a súa incuestionable achega á construción dunha Galicia “máis deportiva e activa”


|


Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2015.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presidiu hoxe o primeiro acto de sinatura dos convenios de colaboración 2015 subscritos entre a Xunta de Galicia e as federacións deportivas galegas. Fíxoo en Santiago de Compostela na sede da Secretaría Xeral para o Deporte, acto ao que seguirán os de mañá nas cidades da Coruña e Vigo.


Con estas sinaturas complétanse a posta en marcha dos convenios de colaboración coas federacións deportivas galegas, logo de que o Consello da Xunta aprobase as correspondentes partidas económicas fai poucas datas. Dos 46 convenios asinados, 44 teñen por obxecto o financiamento da actividade federada do ano 2015 (actividade ordinaria e competitiva, deporte en idade escolar, tecnificación e outros programas federativos), outro é de carácter bianual -coa federación galega de halterofilia na finalidade de garantir a viabilidade do seu proxecto de preparación olímpica tras a súa incorporación ao programa Río 2016-, e o restante, subscrito coa federación galega de piragüismo, ten por obxecto a utilización e xestión deportiva do complexo náutico e campo de regatas de Verducido.


Estes convenios súmanse aos 14 que xa se atopaban en vigor, e que foron subscritos coas restantes federacións deportivas o pasado 2014 cun carácter trianual (de 2014 a 2016), ao estar directamente focalizados á preparación da próxima cita olímpica, Río 2016, e que permiten ás federacións centrarse na realización dos seus programas de promoción, tecnificación e alto rendemento durante o restante período de preparación olímpica.


En total, neste 2015, os convenios coas federacións deportivas galegas supoñen un compromiso de gasto da secretaría xeral para o Deporte de 3.375.474 euros.


Xunto á incorporación da federación galega de halterofilia ao Programa Río 2016, este ano trae como novidade a subscrición de convenios de colaboración con dúas novas federacións deportivas: a Federación Galega de Kick Boxing e a Federación Galega de Deporte Adaptado, xurdida esta última da fusión da federacións galegas de Deportistas con Discapacidade Física e de Deportistas con Discapacidade Intelectual, un paso máis no obxectivo da integración de tódolos deportistas.


Os numerosos criterios técnico-deportivos, económicos e administrativos empregados pola Secretaría Xeral para o Deporte para determinar as contías das subvencións a cada federación, son froito dun traballo de consenso coas federacións deportivas onde, entre outros moitos, teñen cabida aspectos relativos ao traballo co deporte base, o fomento do deporte feminino, o traballo pola integración de deportistas con discapacidade, o carácter autóctono dalgunhas modalidades, a promoción da actividade física saudable a través de actividades non competitivas, o fomento da formación de axentes deportivos, así como a valoración da xestión económica e administrativa das federacións deportivas, ademais de outros xa tidos en conta en anos anteriores e relativos a datos de participación, licenzas (de deportistas masculinos e femininos, adestradores e xuíces), resultados obtidos na anterior tempada, presenza no Centro Galego de Tecnificación Deportiva GTD e nos seus centros anexos, condición de deporte olímpico, participación olímpica, número de clubs, número de deportistas DGAN e a calidade de proxecto deportivo.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE