#Claves de la semana
CELEBRADO EN OURENSE DO 4 O 8 DE MARZO

Xantar 2015 volve contar coa fidelidade do público galego e portugués durante os cinco dias da feira

Na segunda edición, como Feira Internacional, contou coa presenza de 10 países e recibiu 22.000 visitas, das que 17.800 comeron no salón.

Manuel Garea ganador do Concurso de Cociña Xantar Gourmet 2015


|

Ourense, 07/03/2015.- Xantar 2015 pechou hoxe as portas da súa decimosexta edición, a segunda como cita internacional, logo de cinco días de intensa actividade que estiveron dirixidas a promocionar a gastronomía sostible e saudable e onde Costa Rica exerceu de protagonista como país convidado presentándose como “destino único, diferenciado, amigable e sostible”. Remata contando coa fidelidade dos profesionais do sector e do público xeral. A falta de contabilizar as visitas da tarde, a organización estima que o salón acadou as 22.000 visitas e o número de comidas servidas polos 17 restaurantes supera as 17.800

Avelino

Xantar 2015 presentou un programa de máis de 100 opcións, cunha media de dúas experiencias por hora de duración do salón, foron seguidas por máis de 6.000 participantes, na súa meirande parte profesionais do sector que supoñen xa un 35% do total de visitas. Este programa incluíu exhibicións de cociña en directo na ques que participaron recoñecidos chefs de Galicia, Portugal e Costa Rica e nas que se puxeron en valor os produtos autóctonos e de calidade. Outra das actividades que espertaron o interese dos profesionales foron as máis de 25 catas comentadas de produtos como o viño, licreos, queixo, a auga X-pinner de Costa Rica, mel, aceite, cogomelos ou os produtos con stevia. 

A estas actividades hai que engadir as distintas degustacións ofrecidas polos expositores como as de polvo á feira de Terras do Avia, de botelo de O Barco, de galo de curral de Vila de Cruces ou de viños de Amandi-Sober, por citar algunhas das celebradas no día de hoxe.

Esta xornada de clausura foi o día adicado ademais ás entidades patrocinadoras e colaboradoras que fixeron posible a celebración de Xantar 2015 e tamén a Mancomunidade Turística de Terras do Avia e do Concello de Sober.


Manuel garea

Nesta última xornada tamén foron entregados os premios do 3º Concursode Cociña Xantar Gourmet que gañou o cociñeiro de Boimorto afincado en Melide, Manuel Garea que sorprendeu ó xurado coa receita “Trufa de Mar” na que empregou vieiras de Galicia do selo PescadeRías, Bonito, algas, grelos e aceite de oliva ecolóxico. Garea gañou este premio por segunda vez consecutiva. O segundo clasificado, na categoría de profesionais foi Carlos Barreira, natural de Cangas, co prato “Lacón, Grelo, Chourizo e Pataca 2015”. No apartado de afeccionados houbo unha mención especial para Cristina Estévez, de Ourense, que preparou a receita “Tosta veraniega”.


Manuel Garea ganador del Concurso de cocina Xantar Gourmet 2015


A presenza nesta edición de expositores e participantes de 10 países (España, Portugal, Costa Rica, México, A Arxentina, Francia, Perú, Cuba, Ecuador e Paraguai) ven consolidar a súa condición de "Feira Comercial Internacional", un selo outorgado pola Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Economía e Competitividade, que o converte nunha das cinco citas internacionais de turismo celebradas en España (dúas das cales organiza Expourense) e na única especializada en gastronomía. 

                                                                                                                                                                                                                                                                                                          


11021164_772155036195720_5541932641982440314_n.jpg

             Nueva marca gastronómica ourensana 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE