#Claves de la semana
15 MOZOS DE WAKAYAMA VISITAN SANTIAGO ESTA SEMANA

15 mozos e mozas de Wakayama (Xapón) participan nun intercambio en Santiago

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, recibiu hoxe aos participantes, que teñen entre 16 e 25 anos


Trátase do noveno intercambio entre a Xunta de Galicia e Wakayama, dúas rexións unidas polos itinerarios de peregrinación “máis importantes”: o Camiño de Santiago e o Kumano Kodo


Os participantes visitarán a cidade de Santiago, participarán en actividades na universidade, e convivirán dous días con familias galegas


|

15vsitantesdeWakayama.jpgSantiago, 9 de marzo.- Un total de 15 mozos e mozas procedentes da prefectura de Wakayama (Xapón) están a participar estes días nun intercambio xuvenil e cultural en Santiago de Compostela, no marco do programa “A Xuventude no mundo”. Ao final da semana, convivirán con distintas familias galegas, o que lles permitirá coñecer outras zonas da comunidade autónoma.


O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, recibiu hoxe aos participantes nesta iniciativa. Na súa intervención, destacou que “malia a distancia xeográfica que nos separa, contamos cun gran nexo que nos une. Galicia e Wakayama son o núcleo de dous itinerarios de peregrinación e culturais máis importantes do mundo: o Camiño de Santiago e o Kumano Kodo. E así o recoñece a UNESCO, que lle outorgou a ambas rutas a consideración de Patrimonio da Humanidade”.


Trátase da novena experiencia de intercambio xuvenil entre a Xunta de Galicia e Wakayama, o que suma un total de 135 participantes entre galegos e xaponeses.


Durante a semana que dura o intercambio, os mozos e mozas coñecerán a cultura, a lingua, e as costumes galegas; interactuarán con mozos galegos en distintas actividades; e durante os dous últimos días convivirán con familias de acollidas, as dos mozos e mozas do grupo de galegos que visitaron Wakayama o pasado mes de agosto nun intercambio de ida.


Deste xeito, o programa combina actividades educativas e culturais como: unha xornada de traballo con universitarios galegos nos que darán a coñecer a realidade sociocultural das dúas rexións; unha visita ás instalacións do grupo Inditex; o percorrido dun tramo do Camiño de Santiago; ou a visita ao casco antigo da cidade.


Rodeiro resaltou que estes intercambios “permiten aos mozos e mozas desenvolver habilidades, competencias e coñecementos; descubrir novas culturas, tradicións e estilos de vida a través da aprendizaxe entre iguais; consolidar valores como a solidariedade, a democracia e a amizade; e facilitar a concienciación intercultural e mellora das competencias lingüísticas”.



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE