#Claves de la semana
Volta a traballar en Galicia O millor físico xóven de 2013 Diego Martínez

O investigador galego Diego Martínez volta a Galicia este ano


O millor físico xóven de 2013 o investigador galego Diego Martínez volverá a traballar en Galicia este ano grazas ao programa Oportunius

A contratación de Diego Martínez, que conta cunha bolsa europea ERC, mobilizará en Galicia 1,5 millóns no próximo lustro, contribuíndo á creación de emprego altamente cualificado derivado da formación do equipo de investigación.


A captación deste talento investigador galego, e a formación de científicos con potencial para conseguir as bolsas ERC, configúranse como eixo fundamental do Oportunius de cara a situar á I+D+i galega na vangarda internacional.


A través deste programa, a Xunta aspira a atraer a Galicia a 24 investigadores de referencia ata o 2020 que conten con beca ERC. 



|


Diego Martinez estreita a man do do conselleiro Francisco Conde


Santiago, 9 de marzo de 2015.- O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño, mantiveron hoxe un encontro co investigador galego Diego Martínez. Este físico de Foz, doutor en Física pola USC e que traballaba para o Instituto de Física de Partículas Nikhef de Holanda, retornará a Galicia este ano grazas a propia USC e ao programa Oportunius de captación de talento.


O traballo coordinado entre o Goberno galego e a USC permitirá a contratación deste investigador de referencia, recoñecido no 2013 como o mellor físico mozo europeo de partículas. Neste sentido, Martínez conta cunha bolsa do Consello Europeo de Investigación (ERC), cuxa excelencia científica se reflicte no feito de que 3 dos 13 Premios Nobel 2014 lle foron outorgados a investigadores que desenvolveron as súas carreiras grazas a elas.


A través desta bolsa, e co seu novo contrato na Universidade de Santiago de Compostela no marco do Oportunius, o físico galego contribuirá a mobilizar en Galicia 1,5 millóns no próximo lustro, impulsando a creación de emprego altamente cualificado derivado da formación do seu equipo de investigación.


A captación deste talento investigador galego, así como a formación de científicos con potencial para conseguir as mencionadas bolsas ERC, son o eixo fundamental de desenvolvemento do programa Oportunius, co obxectivo de situar á I+D+i galega na vangarda internacional .


A través do Oportunius, a Xunta aspira a atraer ao Sistema Galego de I+D+i a Galicia a 24 investigadores de referencia que conten con beca ERC, de cara a desenvolver liñas punteiras e competitivas a nivel internacional desde Galicia.


Para acadar esta meta, a Axencia Galega de Innovación investirá máis de 4 millóns de euros ata o ano 2020.


Ademais, está a impulsar diferentes actuacións de dinamización do programa, colaborando ata o de agora con 38 investigadores que traballan en centros de investigación galegos para a preparación das propostas coas que optar ás becas europeas.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE