Presentouse no Centro Cultural 'Marcos Valcárcel' de capital auriense. Galegos de Ourense 2

A Deputación edita Galegos de Ourense 2, recolle as biografías de ourensáns ilustres

|


Ourense, 9 de marzo de 2015.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o profesor Jesús de Juana presentaron hoxe no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" o segundo volume da obra Galegos de Ourense, un libro que recolle as biografías de ourensáns ilustres ao longo da historia. Nesta segunda entrega figuran nomes como Ruiz de Padrón, Saco y Arce, Parada Justel, Alexandre Bóveda, Filomena Dato, Eduardo Barreiros, Carlos Casares, Jaime Quesada, Virxilio, Paz Nóvoa, Arturo Noguerol, Quiroga Palacios, José Velo, Luis Fábrega Coello, Eleuterio González, Alfonso Pazos Cid, Vázquez Gulías, Conde Fidalgo, Manuel Prego de Oliver, Delgado Gurriarán e Lauro Olmo.


Segundo explicou Manuel Baltar, "este proxecto editorial recolle a biografía daqueles persoeiros que destacaron pola súa "Ourensanía", persoeiros que teñen a característica común de ter contribuído a "facer Ourense" e levar o nome desta provincia nas diferentes disciplinas científicas, culturais ou sociais nas que desenvolveron a súa actividade profesional ao longo das súas vidas".


Neste segundo volume figuran "dezanove referentes máis da Ourensanía, "biografías froito do traballo e estudo de doce recoñecidos investigadores, entre os que se atopan os coordinadores deste libro: Jesús de Juana, Julio Prada e Domingo Rodríguez Teijeiro, membros da Facultade de Historia da Universidade de Vigo no Campus de Ourense".


"Os protagonistas deste volume foron insignes representantes dun pobo que fecundou esta terra, Ourense", afirmou Baltar e engadiu que a súa obra "anímanos a seguir construíndo este gran proxecto colectivo que ten orgullo de seu contemplando a rica personalidade e o extraordinario legado destes dezanove exemplos de ourensanismo. E o goberno provincial considera obrigado este exercicio de homenaxe permanente, que sirve tamén para que os máis novos, os ourensáns de hoxe e de mañá, ansíen achegarse ao coñecemento daqueles que figuran xa, por dereito propio, no escaparate de ourensáns a imitar".


Aparece este libro logo de que en 2014 a Deputación de Ourense subliñase a vixencia da obra de persoeiros como o Padre Feijóo, cumpríndose douscentos cincuenta anos do seu pasamento, ou Eduardo Blanco Amor, "ano no que tamén lle outorgamos a Medalla de Ouro da provincia, a título póstumo, a Marcos Valcárcel, que pon nome ao Centro Cultural dependente desta institución. Tres nomes que serven para albiscar a pegada dos fillos desta terra de xente traballadora, creativa e emigrante", dixo Manuel Baltar, quen animou a seguir nesta andaina "enchendo de máis biografías senlleiras un vindeiro volume deste proxecto editorial, que reforza o sentimento de Ourensanía que compartimos".


Pola súa banda, Jesús de Juana agradeceu á Deputación de Ourense e ao seu presidente a boa acollida deste proxecto e a súa aposta firme por levalo adiante, e destacou que o labor da Facultade de Historia de Ourense "é a investigación pero tamén a divulgación, pois é necesario dar a coñecer os estudos que se fan sobre a nosa historia tanto recente como doutras épocas, para salientar o traballo de persoeiros senlleiros de Ourense".

Maria do ceo


O Comenzar o acto, Maria do Ceo interpretou o "Fado da Ourensanía", con letra de Armando Gonzalez o que ela puxo música e para rematar "Ourense no Solpor", de Manuel de dios Himno Oficial de la provincia de Ourense

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress