miércoles, 16 de agosto de 2017 19:14




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

PLENO DO PARLAMENTO DE GALICIA

Os socialistas denuncian a “burbulla propagandística” da Xunta

|

Abel_Losada645x287.jpg

Na sesión parlamentaria celebrada hoxe.

Os socialistas galegos denunciaron hoxe no pleno do Parlamento a “burbulla propagandística” da Xunta de Galicia e preguntaron “¿Onde están os 14 remolcadores de Pemex que prometeu Feijóo, chegando a interromper a programación da TVG para falar dunha inversión de 250 millóns de euros?".


"Máis alá da publicidade do Goberno de Núñez Feijóo, a realidade é que a empresa é propietaria do 51% do asteleiro vigués de Barreras e está a construír a día de hoxe un flotel en Vigo e unha parte doutro en Ferrol”, asegurou o deputado socialista Abel Losada.


Nunha pregunta oral ao conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, Losada lembrou que “a continua baixada do prezo do petróleo está levando a que algunhas das grandes empresas produtoras se vexan obrigadas a unha política de redución de custes, entre elas Pemex”.


“Este novo recorte chega nun momento en que Pemex é especialmente vulnerable e empresa xa advertiu de que as condicións do mercado teñen variado e que se vai a convocar aos contratistas para renegociar; indubidablemente, isto xera unha enorme inseguridade nas empresas privadas concernidas”, engadiu o deputado socialista, aunque o conselleiro non foi quen de concretar se esta situación afectará ao prometido pola Xunta para a industria galega.


“Si ademais temos en conta os anuncios de Núñez Feijóo non materializados ata agora, outra vez a publicidade e propaganda, da construción en Galicia de parte da súa flota menor e o establecemento dunha base loxística no porto de Langosteira, resulta evidente que o impacto dos recortes pode ser moi importante”, engadiu Losada.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pombapress animation

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress