#Claves de la semana
ABANCA e a Fundación Deporte Galego firman un acordo de patrocinio por cinco años

Abanca destina 3 millóns á Fundación Deporte Galego para apoiar a un centenar de clubs e 15.000 deportistas

Abanca e a Fundación Deporte Galego asinan un acordo por dous anos prorrogable para o programa de patrocinios que a Fundación desenvolve desde a tempada 2009-2010


O banco impulsa a súa faceta social investindo en valores que potencian o traballo en equipo, a deportividade ou a consecución de metas


|

                                        

A Coruña, 12 de marzo de 2015.- Abanca é a Patrocinadora Oficial do Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición de Galicia, tras a sinatura do acordo de colaboración subscrito coa Fundación Deporte Galego. A sinatura supón unha achega de Abanca de 3 millóns de euros durante os dous anos de duración inicial do contrato, cantidade que poderá acadar os tres millóns de euros no caso de prorrogar o acordo durante os vindeiros cinco anos, tal e como recolle o contrato asinado. Un total de 100 clubs galegos, un milleiro de equipos, case 15.000 federados de 22 especialidades deportivas diferentes e, deles, 10.000 nenos e nenas pertencentes á canteira dos clubs poderán beneficiarse do acordo.


O apoio de Abanca terá como obxectivo os equipos de alta co

mpetición incluídos nos programas da Fundación que contan con equipos en categorías de base, estimándose que esta medida acadará a máis de 10.000 nenos e nenas de Galicia.


Por parte de Abanca, o seu vicepresidente Juan Carlos Escotet Rodríguez calificou o acordo “como un fito no deporte galego e un forte impulso ao deporte base que reforza o compromiso de Abanca coa promoción de valores socialmente responsables”. Escotet Rodríguez afirmou que “Abanca dá un espaldarazo á práctica do deporte de base en Galicia, comprométese coa cultura do esforzo e redobra a súa aposta polo desenvolvemento persoal e académico dos nenos e nenas galegos a través dos valores vinculados a actividades deportivas”.

Desde o seu inicio en 2009, a Fundación patrocina aos principais equipos galegos con máis de dez millóns de euros, chegando neste exercicio a 15.000 deportistas y 22 especialidades deportivas: atletismo, bádminton, baloncesto, balonmán, béisbol, bolos, ciclismo, esgrima, fútbol, fútbol sala, halterofilia, hóckey herba, hóckey liña, hóckey patíns, baloncesto en cadeira de rodas, piragüismo en pista, kayak polo, remo, rugby, tenis de mesa, triatlón e voleibol.


O Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición de Galicia


O Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición de Galicia é un programa posto en marcha pola Fundación Deporte Galego na tempada 2009/2010 que, neste exercicio 2015, está dotado con 2.420.000 euros e vai destinado a máis dun centenar de equipos, o que supón un 26% de incremento tanto no orzamento como en número de equipos respecto do año pasado.


Un proceso transparente


O sistema de adxudicación dos patrocinios aos clubs establece hasta 14 criterios obxectivos que xeran unha cualificación numérica para cada club e que ofrece unha puntuación única. Entre eles, destacan o número de competicións nas que participen, as licenzas coas que conten, o ámbito das ligas ou a traxectoria nas últimas tempadas.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE