viernes, 18 de agosto de 2017 01:23




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

Vigo, Reunion Consello da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT),

A Xunta participa na asamblea da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal

|


Vigo, 12 de marzo de 2015.- O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e o director xeral de Administración Local, José Alberto Pazos Couñago, participaron hoxe na reunión do Consello da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT), que tivo lugar en Vigo, na que se aprobaron o Plano de actividades e o orzamento para o ano 2015

O plan de traballo da AECT para 2015 completa a continuación do traballo de homologación dos títulos de Formación Profesional, ademais darase continuidade á misión empresarial co clúster do téxtil, e nesta ocasión serán as empresas portuguesas as que visitarán empresas téxtiles galegas. Iniciarase unha liña de fomento de colaboración entre as incubadoras de empresas da Eurorrexión, con visitas entre elas.


No eido da cooperación bilateral continuarase con encontros con diferentes sectores, como Medio Ambiente, Cultura, Deportes, Turismo, Educación, Emprego, entre outros.ademais de reforzar o Gabinete de Información da Eurorrexión coa adhesión de novos socios, coma o ingreso da FEGAMP e a Deputación de Ourense.


A AECT seguirá a colaborar co poder local, fomentando os achegamentos entre concellos galegos e portugueses, nomeadamente coa Eurocidade Tui Valença; con Tomiño-Vilanova da Cerveira (beneficiarios dun programa “Europa dos cidadáns cunha candidatura elaborada pola AECT); ou con Salvaterra-Monçao. Tamén auspiciarase a sinatura dun irmandamento este ano entre Baião e Moraña, e outro entre Arteixo e Famalicão.


Durante estes primeiros anos de funcionamento, a AECT Galicia-Norte de Portugal conseguiu consolidarse como un actor da cooperación transfronteiriza europea moi activo, participando en numerosos proxectos e organizando eventos de marcado carácter transfronteirizo. Deste xeito, a AECT ten contribuído a reforzar a cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal, especialmente no ámbito da cooperación de proximidade, reducindo os custos de fronteira, incrementando a eficiencia na xestión de fondos para proxectos de base territorial, e, sobre todo, preparando o terreo para o novo período orzamentario comunitario 2014-2020.


Interreg 

Ao longo deste mes, a AECT encargarase de reunir as Comisións Sectoriais da Comunidade de Traballo Galicia - Norte de Portugal, para presentarlles as novidades do INTERREG V (aprobado pola Comisión neste mes de febreiro), coa finalidade de que estean preparadas para presentar candidaturas conxuntas cando se abra a convocatoria, prevista para o segundo semestre de 2015.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pombapress animation

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress