#Claves de la semana
Ourense, A mostra estará aberta ao público ata o vindeiro 5 de abril no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da ciudad

Inauguración da exposición Carlos Casares e a fotografía, en Ourense

A exposición Carlos Casares e a fotografía, permanecerá aberta o publico ata o día 5 de abril no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" de Ourense

"é a primeira vez que podemos gozar coa creatividade da imaxe dun absoluto coñecedor da palabra como foi o universal Carlos Casares", afirmou Manuel Baltar na sua intervención 


|

big_Exposicin_Carlos_Casares_e_a_fotografia_en_Ourense.jpg

Ourense, 12 de marzo de 2015.- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" de  Ourense tivo lugar hoxe a inauguración da exposición Carlos Casares e a fotografía, unha mostra que supón "a primeira exposición de fotos do universal creador literario galego e na que podemos admirar a súa creatividade coa imaxe", segundo explicou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, no acto de presentación. Xunto ao titular da institución provincial estiveron o presidente da Fundación "Carlos Casares", Javier Casares; o comisario da exposición, Gustavo Adolfo Garrido, e o director do Centro Cultural, Francisco González.


Manuel Baltar dixo: "a nosa obriga é promover e difundir o legado de Carlos Casares, porque con elo estamos facendo Ourensanía", e engadiu que Casares, "que foi un absoluto coñecedor da palabra, con máis de 10.000 páxinas escritas en todos os ámbitos literarios, amósanos agora unha nova faciana, ata o de agora descoñecida, pero tan creadora nel como é a literaria".

inauguracion.expo.carlos.casares.fotografias.021.jpg


O presidente da intitución provincial subliñou o feito de que a exposición se inaugure no centro cultural "que leva o nome do que foi un dos grandes amigos de Carlos, Marcos Valcárcel, quen xa en 2007 desenvolveu un simposio sobre a figura de Casares, un home comprometido coa súa terra, coa súa lingua e con todos os valores que representa a Ourensanía".


O comisario da exposición, Gustavo Adolfo Garrido, dixo que Casares "foi un verdadeiro entusiasta da fotografía, e nesta mostra pódense ver dúas partes da súa obra fotográfica: retratos e viaxes". 


Xabier Casares, pola súa banda, dixo que o interese de Carlos pola fotografía "facíase patente ao regreso das súas viaxes, cando nos amosaba unha gran cantidade de fotos e comentaba cada unha delas; era unha ledicia escoitar eses relatos e vivencias impregnadas en cada instantánea".


'Carlos Casares e a fotografía' recolle fotografías que xiran arredor da figura do propio Carlos Casares. Poderás ver imaxes feitas polo propio autor, outras nas que el é o protagonista e outras relacionadas cos aparellos fotográficos. Dous grandes bloques estruturan a mostra, no primeiro deles encontrarás retratos e autorretratos centrados na familia e no segundo o eixo central son as fotografías de viaxes.  

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE