jueves, 17 de agosto de 2017 09:48




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

UNHA NOVA POLITICA ECONOMICA PARA EUROPA, JORNADA DESARROLLADA EN SANTIAGO

“Fronte aos que ven Europa como unha escusa, os socialistas vemos nela futuro”, Besteiro

|


XornadaUE.jpg


José Ramón Gómez Besteiro, fronte aos que ven Europa como unha escusa, os socialistas vemos nela futuro”. Así o dixo na clausura da xornada “Unha nova política económica para Europa: da austeridade ao crecemento”, organizada en Santiago de Compostela pola delegación española do Grupo da Alianza Progresista dos Socialistas e Demócratas no Parlamento Europeo.


O líder dos socialistas galegos criticou ás opcións políticas que utilizan a UE como “escusa de actuación” para impoñer a austeridade ou como “escusa para ofrecer a mensaxe política”.


Gómez Besteiro chamou hoxe a encetar un “cambio de rumbo na política económica que abandone o dogma da austeridade”, e sinalou a Feijóo como “adiantado nas políticas austericidas”.


O responsable socialista salientou a necesidade de “apostar polo crecemento e desenvolver unha economía cada vez mais competitiva e eficiente” e ofreceu a visión socialista alternativa aos recortes e dirixida a “frear a ola de desigualdade, así como para contribuír a ese desexable e posible xiro cara o crecemento”.


Criticou a falacia da austeridade, que “só trouxo deigualdade, empobrecemento e débeda” e constatou que, lonxe de controlar o endebedamento, esta viuse triplicada dende a chegada de Feijóo á Xunta, pasando de supor o 6,8 por cento do PIB en 2008 ao 17,4 por cento actual. Subliñou que “incluso tomando a débeda como instrumento do Estado para crecer, o paradoxal é que nin se creceu nin se aforrou”.


Os socialistas galegos instaron a reformar o sistema tributario para afrontar unha crise “que foi mais un problema de ingresos que de gasto”. Sinalou que, en lugar de reformar o sistema fiscal para solucionar “unha situación derivada dun fallo grave do sector privado”, a dereita “optou por atacar unica e exclusivamente ao sector público”, ao que sinalou como “falso culpable”.


Chamou a apostar por unha administración pública “forte e eficiente”, que remate coas “lacras” que deterioran o seu funcionamento “tales como o financiamento insuficiente, as duplicidades, o exceso de burocracia ou as tramas de corrupción que lle restan credibilidade”.


Xornada


Gómez Besteiro clausurou, xunto co eurodeputado e ex ministro Ramón Jáuregui, unha xornada que fora inaugurada polo eurodeputado José Blanco e o secretario de Economía do PSdeG-PSOE, Xaime Barreiro.


O certame contou cunha mesa redonda sobre “Unha política económica para o crecemento de Europa”, na que participaron o eurodeputado José Fernández, o economista José Carlos Díez e o ex presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e que foi moderada pola xornalista Aida Pena.


A segunda mesa redonda da xornada, baixo o título “Cara a unha Europa máis competitiva e eficiente”, foi moderada polo economista e director do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia, Joaquín Fernández Leiceaga, e contou coa participación dos eurodeputados Ramón Jáuregui e Inmaculada Rodríguez – Piñero e o ex presidente da Xunta de Galicia Fernando González Laxe.

1 Comentarios

1

Grazas, home! Pero o m rito da Asociaci n Cultural Fillos de Galicia, 55 tolos a d a de hoxe que mantemos non sei nin como con m is de 4.300 mmrebos gratuitos e que ronda .E sobre iso de que me deu Galicia home, pois como dir a Reixa I was not born, I was made in Galicia , as que supo o que si.Viva a . N s somos os primeiros globalizados e ao carallo!

escrito por Olaifa 27/jul/15    01:32

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pombapress animation

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress