#Claves de la semana
Aprobado o cambio de sistema de actuación para a xestión urbanísitica da área de As Burgas, en Ourense,

O Xulgado avala o cambio ao sistema de expropiación nas Burgas de Ourense

A sentencia do contencioso administrativo considera que “a decisión do Concello de Ourense resultou a máis axeitada e racional para poder levar á práctica a ordeación establecida no planeamento especial” das Burgas


|



O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, deu conta da sentencia do Xulgado Contencioso Administrativo nº1 de Ourense pola que se desestima o recurso interposto contra o acordo da Xunta de Goberno Local de 12 de setembro de 2013, polo cal se aprobaba definitivamente o cambio de sistema de actuación para a xestión urbanísitica da área de As Burgas, pasando da reparcelación ao sistema de expropiación.


O Xulgado conclúe “a necesaria desestimación do recurso” ao considerar motivada e xustificada a decisión municipal de modificar o sistema de actuación, fundamentada en catro puntos:
1) A natureza singular e excepcional dende unha triple perspectiva: urbanística, de patrimonio cultural e medioambiental, que require dunha urxente e prioritaria intervención de iniciativa pública.
2) O seu carácter estratéxico e urxente para a cidade.
3) A complexidade topográfica do ámbito, así como a ordeación dos volumes e usos urbanísticos.
4) A estrutura da propiedade: ningún dos propietarios particulares do ámbito dispón da edificabilidade suficiente para alcanzar o 15% de parcela mínima edificable.


Así, dispón que “a decisión municipal de modificar o sistema de actuación do polígono ao de expropiación, resultou ser a máis axeitada e racional para levar á práctica a ordeación establecida no plaeamento pormenorizado aprobado”.


Así, o cambio de sistema se axusta á normativa vixente en materia de solo e o Xulgado desestima íntegramente o recurso condenando en costas aos demandantes que deberán abonar ao Concello os honorarios de avogado derivados do litixio.

Este recurso se suma aos presentados polos mesmos demandantes contra o Plan Especial das Burgas, a ordeación provisional que incorpora este ámbito ao Plan Xeral de 1986, unha vez anulado o PXOM de 2003, contra o Estudo de Detalle do polígono de actuación e agora contra o cambio de sistema, todas elas desestimadas ou en visos de se reolver, e as que se engade ademáis a denuncia contra o Concello pola que se requería unha indemnización superior aos 15 millóns de euros e que o Consello Consultivo da Xunta de Galicia considerou que debería ser de 0 euros, por xa ter satisfeitas as súas pretensións, extremo este ratificado por informe xurídico do Concello de Ourense. 


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE