miércoles, 16 de agosto de 2017 19:28




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

XAVIER CASTRO PREMIO PICADILLO 2015 A DIVULGACION

FÓRUM GASTRONÓMICO A CORUÑA: PREMIOS PICADILLO 2015

|


                                                                  Xavier Castro Picadillo 2015 


O profesor do Departamento de Historia Contemporánea Xavier Castro recibiu o premio Picadillo do Fórum Gastronómico da Coruña 2015 o pasado luns en recoñecemento a súa traxectoria.


Xavier Castro, ademais de membro do comité científicos da Fundación Dieta Atlántica da USC, forma parte da rede de investigadores europeos especializados en historia da alimentación e conta con numerosas publicacións neste ámbito, ademais de ter colaborado como asesor histórico especializado en varios proxectos audiovisuais. 


Xavier Castro desempeña ou seu labor docente na Facultade de Xeografía e Historia, ademais de ter impartido docencia e desenvolvido investigación na Université de Rennes e na École des Hautes Ètudes en Sciences Sociaux de París. As súas publicacións teñen sido recoñecidas con diversos galardóns, entre eles o Premio Nacional de Gastronomía, o Gourmand World Award ous os premios de Investigación Ferro Couselo e Deza Investigacións, entre outros.



Entre as súas publicacións destacan:  “A lume manso. Estudos sobre historia social da alimentación” (1998), “Ayunos e yantares: Usos e costumes na historia da alimentación” (2001), así como numerosos artigos en libros colectivos e revistas especializadas sobre a alimentación.


Imparte cursos sobre a cultura e cata do viño e desempeñou o traballo de asesor histórico en varios proxectos audiovisuais (As leis de Celavella, A cociña atlántica).


Xavier Castro leva estudado e desenrolado varios traballos sobre as costumes e hábitos alimenticios ao longo da historia en Galicia, dende a zona da costa ao interior, incidindo nos alimentos e bebidas máis tradicionais como a castaña, a pataca, o porco, os peixes, os mariscos, o bacallau e as sardiñas, os viños. Tamén da importancia que tiveron as cociñeiras na maridaxe combinatoria entre diferentes alimentos (lacón con grelos por exemplo), non faltando o comentario sobre a influencia da igrexa nas costumes e dietas obrigadas polas crenzas relixiosas.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pombapress animation

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress