viernes, 18 de agosto de 2017 01:17




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

Premios Nacionais de Artesanía 2014

A Asociación Galega de Artesáns e Idoia Cuesta gañan os Premios Nacionais de Artesanía 2015

|

                                            Idoia Cuesta, Enrique Loewe, Sol Vázquez e Manuel González 


Madrid, 17 marzo de 2015.- A artesá Idoia Cuesta e a Asociación Galega de Artesáns alzáronse con dous dos Premios Nacionais de Artesanía 2014, contando as dúas candidaturas co apoio da Consellería de Economía e Industria. Os premios entregáronse esta tarde en Madrid nunha cerimonia presidida polo ministro de Industria, Enerxía e Turismo, José Manuel Soria, e na que os representantes galegos estiveron acompañados pola directora xeral de Comercio, Sol Vázquez.


A Artesanía de Galicia ten unha importante presenza cada ano neste certame convocado polo Ministerio de Industria, a través da Escola de Organización Industrial (EOI) e Fundesarte. A súa finalidade é dar un respaldo institucional aos profesionais e iniciativas empresariais do sector da artesanía. De igual forma, os premios teñen como obxectivo impulsar o desenvolvemento e a competitividade das pemes do sector, para incentivar nestas a innovación, o deseño e a capacidade de adaptación ao mercado.


A cesteira contemporánea Idoia Cuesta, nacida no País Vasco e establecida en Outeiro de Rei (Lugo) é gañadora na categoría de Premio Produto, que se outorga ao mellor produto ou colección dos últimos dous anos. Cuesta revolucionou a cestaría tradicional galega a través do xogo de materiais e cores. Soubo propoñer distintos usos da cestaría, chegando así a novos consumidores e abrindo un novo mercado.


O xurado valorou a súa habilidade de modernizar a tradición cesteira experimentando con materiais e usos que non son propios do oficio, a súa capacidade innovadora e a apertura de novos mercados adaptando pezas tradicionais ás tendencias actuais. Exemplo de todo iso é a colección "Pandeira", premiada nesta ocasión. Está composta por unha serie de cestos xurdidos da cultura tradicional a través da unión da madeira de pradairo, usada nas pandeiretas habituais en Galicia, e dándolles forma de cesto con la.


Pola súa banda, a Asociación Galega de Artesáns (AGA), fíxose co premio Promociona para entidades privadas. A asociación conta cun dilatado historial de accións innovadoras en materia de promoción e desenvolvemento da artesanía, entendida coma unha profesión actual. Optan a este galardón polo desenvolvemento da aplicación Obradoiros Abertos, que achega información sobre cada obradoiro visitable ou punto de interese, xeolocalízao e proporciona a ruta para chegar ata el desde a ubicación do usuario. Esta aplicación foi incluída e ampliada dentro da iniciativa da Xunta Rutas de Artesanía.


O sector artesán galego ten cada ano un importante recoñecemento nos Premios Nacionais de Artesanía, con nove gañadores galegos e unha mención especial nas nove edicións celebradas ata a data, ademais dun total de oito finalistas.


Na anterior edición o obradoiro de gaitas Seivane fíxose co máximo galardón, o Premio Nacional, mentres que a Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari), resultou finalista no Premio Promociona. A propia Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, dependente da Consellería de Economía e Industria, conseguiu o premio Promociona para entidades públicas polo seu labor de impulso ao sector artesán galego.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pombapress animation

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress