#Claves de la semana
Ourense no acto institucional do Día Mundial da Síndrome de Down

Día Mundial da Síndrome de Down

O Auditorio Municipal de Ourense, acolleu os actos do Día Mundial da Síndrome de Down. 


|

Ourense,-Nesta edición, celebrarase un Acto institucional, seguido dunha gala musical e entregaranse os II Premios Down Galicia, co obxecto de recoñecer o labor a prol da promoción da autonomía e igualdade das persoas coa síndrome de Down, realizado tanto por institucións e entidades como por persoas particulares. En 2015 o Goberno galego incrementou por segundo ano consecutivo os orzamentos para a discapacidade, alcanzando os 100 millóns de euros


O Alcalde de Ourense Agustín fernandez, acompañado do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe en Ourense no acto institucional do Día Mundial da Síndrome de Down, no que destacou que un dos obxectivos prioritarios do Goberno galego é a mellora da integración e a calidade de vida das persoas con discapacidade.


Nesta edición, celebrarase un Acto institucional, seguido dunha gala musical e entregaranse os II Premios Down Galicia, co obxecto de recoñecer o labor a prol da promoción da autonomía e igualdade das persoas coa síndrome de Down, realizado tanto por institucións e entidades como por persoas particulares. En 2015 o Goberno galego incrementou por segundo ano consecutivo os orzamentos para a discapacidade, alcanzando os 100 millóns de euros


Actualmente, en Galicia hai 5.000 prazas públicas en Centros de Día, Centros Residenciais e Centros Ocupacionais para persoas con discapacidade.



Acto institucional

Neste Día Mundial, os presidentes de Down Ourense, Mara Prieto Fortes, e de Down Galicia, Delmiro Prieto González, estuveron acompañados polo alcalde de Ourense, Agustín Fernández Gallego, e polo vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda.


Pero coma todos os anos, nesta cita as verdadeiras protagonistas serán as persoas coa síndrome de Down, que se farán cargo da presentación do acto e farán oír a súa voz a través da lectura do Manifesto pola Autonomía Persoal. Serán as as encargadas, ademais, de entregar os Premios Down Galicia que, nesta segunda edición recaen, na categoría de persoa individual, en Agustín García Montero, traballador de BBVA que fixo posible varios programas de prácticas formativas para persoas coa síndrome de Down en oficinas deste banco en toda Galicia; e na categoría institucional na Fundación Bancaria La Caixa, polo seu apoio continuado ao longo dos anos ao programa de emprego que desenvolven as entidades Down en Galicia


Gala musical


Ao acto institucional seguialle unha parte máis lúdica que será presentada polo actor e produtor ourensán Rubén Riós, que estará acompañado por mozos e mozas de Down Ourense. Trátase dunha breve gala musical na que actuarán a Escola Provincial de Danza da Deputación de Ourense, na que participa unha nena coa síndrome de Down, a Academia de baile Enka, na que participa unha moza coa síndrome de Down, o coro de cámara Capela Madrigalista e o cantautor Emilio Rúa.

Por iso, en 2015 a Xunta de Galicia incrementou por segundo ano consecutivo os orzamentos para a discapacidade, alcanzando unha cifra global de 100 millóns de euros; o que supón un crecemento do 8 por cento nos dous últimos anos.


Apoio ás mulleres con discapacidade


Rueda estivo acompañado da secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, colabora anualmente con Down Galicia, a través da orde de axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que apoian a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.


Desde 2009 a Secretaría Xeral da Igualdade subvencionou a Down Galicia con máis de 100.000 euros que, entre outras cousas, empregáronse en investimentos en novas tecnoloxías e para programas de información, asesoramento e orientación laboral para mulleres con algún tipo de discapacidade.


Down Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro que desde o ano 1998 agrupa ás asociacións específicas para a síndrome de Down da Comunidade Autónoma de Galicia. Entre outras moitas funcións, esta asociación encargase de coordinar programas e servizos, colaborar na elaboración de materiais de sensibilización e información e ofrecer servizos de atención especializada. Teñen delegacións en cada unha das sete grandes cidades galegas.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE