#Claves de la semana
GANDARON, de Peña corneira de Eladio Rodriguez

Galiciapress, adianta a primeira páxina do libro Multimedia GANDARON o caudillo castrexo

Primera pagina de la novela basada en los habitantes de los Castros de Lámbrica y Pena Corneira(Ourense)

Autor Eladio Rodriguez 




|




1.





GANDARÓN  MEGALÍTICO de Pena Corneira(Bieto Eadio Rodrodríguez Fernández).


ERA TEMPO DE DESCUBRIR AS UVAS.

Era tempo de agradecerlle ao sol que alumea cada día e á lúa que alonga e perfila a silueta das estantigas e derradeiros trasgos o terlle permitido chegar a aquel extraordinario descubrimento.Gandarón subía por aquel enorme penedo de cincuenta iardas de outura,chantado na cima do curuto.Botara moitos días a labrar os banzos na pedra granítica empregando as aristas do cuarzo que trouxera da beta dun bocal de augas caldas a dez klm;correra coma un gamo brincando polo sendeiro,ledo e feliz.Todo o entusiasmo que o abranguía nacera a resultas daquel gran descubrimento.


Aínda se acordaba ,sendo neno cando seu pai o levara á rega de Ridimoas, que se encontraba no fondo do val a visitar as fragas de amieiros,salgueiros,teixos,sanguiños,carballos, faias e bidueiros;onde o regueiro choutaba polos pelouros cantando as súas melodías de cristal.O sol penetraba dificilmente ao traveso da tépeda vexetación rompendo as pingas de auga en cores do Arco da Vella, a natureza mostraba todo seu esplendor no que participaban os fentos xigantes xunto co canto dos paxaros e animais da fraga.A sensación de paz enchía todo o entorno;de pronto Gandarón levou a vista e albiscou us longos,delgados e retortos arbustos que se enredaban nos troncos e pólas das árbores, na procura da luz, divisando unhas bugallas redondas do tamaño dun ovo de pardal e cor escuro.


Papá, que son aquelas bugallas de cor cereixa que se ven colgadas naquel arbusto que se engancha nas árbores?

Nós chamámoslle Caiño Longo é colga polo gapio en cangallo e prende da árbore portadora polos enllos, pódese comer que ten un doce sabor e lixeira acidez,madura por este tempo no que o verau vai rematando e hai que morder a pibide que se ten que triscar no dente e saber lixeiramente doce,para collelas hai que pegar polo tronco deica chegar á cotrela que é onde está o froito máis maduro,pódese tamén tirar da planta pero desa maneira chegaría a estragarse e para o ano xa non teríamos este delicioso acio.Hai outras videiras na fraga coma o Caiño Branco, Treixadura e Albariño,Espadeiro e Brancellao e máis.


Gandarón arremangou o seu vestido, unha saia de pelexo do lobo que seu pai cazara e súa nai curtira coa casca dun carballo e empezou a pegar polo salgueiro empurrándose cara arriba coas súas poderosas pernas de rapaz novo, abranguendo a un tempo ao tronco na procura das primeiras pólas;chegando a elas o ascenso foi máis doado,sempre probando a resistencia das pólas non fora que se poideran romper.Por fin chegou ao primeiro acio que arrincou e meteu na boca enchéndoa de bagos e recibindo o intenso sabor das uvas,quedou abraiado do agridoçe sabor e comprobou a madurez triscando a pibide comparando o sabor con outros de froitos que xa coñecía coma os morodos e moras das silveiras,noces e abelás, póutigas e outros froitos da fraga.


Papá,que se podería facer para que estas videiras non subiran polas árbores da fraga e así podelas coller dende o chau?

Anda baixa con coidado e deixa estar as cousas como están que as uvas arriba maduran,se cadra mellor e é unha gran aventura subir ás árbores e comelas como se comeron sempre,colle algunhas para túa nai que gosta delas e ímonos.

Gandarón baixou e de regreso ao antiquísimo castro onde habitaban camiñando pensativo;unha idea bulía no seu maxín.

Como se podería faguer para que as videiras estiveran ao alcance da mau para non levar tanto traballo en recollelas e por outra parte poderíanse pór varias xuntas e de distintos nomes.


Papá,onde se poderían conseguir videiras novas e pequenas?


Mira fillo,as uvas que non se comen polo outono podrecen e soltan as pibides,que son as sementes das videiras que caen ao chau e despois ,pola primavera, xermolan unhas pequenas videiras e medran cos anos e préndense ás árbores deica facerse iguales ás vellas que ti viches.


Chegaron á casa situada non castro.As cabanas xuntábanse nun remuíño pegadas á base de aquel inmenso penedo semellante a un ovo que tiña de nome Corneira,aínda que a Gandarón parecíaselle máis a un enorme falo ou carallo .Seu pai contáralle que antigamente cando o inicio do veráu e o sol chegaba ao máis outo,por riba dos montes, todos tiñan que ir ás fragas de arredor e traguer mangados de herbas aromáticas,chumaciños,romeu,tomiño,grama seca, para facer pequenas medas separadas entre tres e cinco pasos amplos para colocalas arredor do Gran Carallo megalítico;despois pegábaselle lume ás medas cando a lúa chea aparecía por detrás do penedo.


A cerimonia era dirixida polo druída ou mago das longas barbas que poña nas mans do guerreiro máis distinguido o ano anterior,na defensa e protección do clan e na caza e manexo das armas,un facho aceso co que prendía lume ás medas , entón todos en ringleira, corrían avantando as fogueiras axilmente de meda en meda,mentres o druída iniciaba un solemne canto.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE