viernes, 18 de agosto de 2017 01:11




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

Carmen Gallego, reclama á Consellería de Traballo e Benestar a reposición dos postos de traballo suprimidos dende 2009

Os socialistas galegos reclaman a reposición de postos de traballo suprimidos nos centros públicos dependentes da Consellería de Benestar

|


Santiago de Compostela.- Carmen Gallego, reclamoulle á Consellería de Traballo e Benestar a reposición dos postos de traballo suprimidos dende 2009. Gallego presentará unha moción no Pleno do Parlamento que comeza o próximo martes para que a Consellería modernice os edificios e repoña os materiais que precisan as persoas que atenden.



Gallego lembrou que o departamento que dirixe a conselleira Mato eliminou 800 postos de traballo e amortizou outros 700 dende a súa chegada á Consellería, ademais de recortar 535 millóns de euros e incrementar “de maneira brutal” os copagos ás persoas usuarias. Por iso reclama a reposición dos postos de traballo nos centros públicos de atención ás persoas con discapacidade, persoas maiores, persoas autónomas, dependentes e centros de menores.



A deputada socialista sinala que a Consellería debe “respectar as condicións laborais das traballadoras e traballadores destes centros públicos aprobadas no V Convenio”, e elaborar “un plan de investimento para modernizar os edificios e repoñer os materiais precisos para que se poida prestar unha atención integral pública e de calidade aos usuarios”, ao tempo que melloran as condicións de traballo do persoal dos centros.


Reclámalle ao goberno galego que recupere os recursos económicos dos que viñan dispoñendo para as actividades de estimulación, cultura e lecer das persoas usuarias destes centros.


Condicións brutais e inhumanas


Gallego denuncia que a Consellería estea a aplicar “condicións de traballo brutais” e unha atención “inhumana” ás persoas que mais o necesitan, tanto polo deterioro do persoal que dela dependen como pola falla de reposición e reparación dos materiais e as infraestruturas nas que os galegos son atendidos.


Por unha banda, o persoal vese obrigado a traballar dous de cada tres fins de semana, oito de cada nove días laborais ou sumando tres noites consecutivas, xerando “unha carga insoportable” provocando o deterioro da saúde dos traballadores e traballadoras e a menor calidade da atención as persoas usuarias dos centros.


Estas padecen “falla de comida, roupa de camas, luvas, cueiros, esponxas, cintos, cremas hidratantes, as grúas e camas non son axeitadas ou hai que movelas con manivela, falla de mantemento e reposición de camillas, tensiómetros, aspiradores de mucosidades, cadeiras de ducha, bañeiras xeriátricas, e mesmo hai colchonetas de ximnasio ou camastros habilitados para o descanso das persoas usuarias”, relatou.



E mentres persoal e residentes padecen o estrangulamento do presuposto procedente do goberno, o deterioro dos centros supera o humana e legalmente tolerable, convertíndose en auténticos aparcadoiros de persoas, que sen embargo “é pasado por alto porque os técnicos de inspección xa nin aparecen”. Gallego acusou á Conselleira de limitalo a “un problema puntual de dous ou tres centros”, cando os comités de empresa da Consellería nas catro provincias a desminten.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pombapress animation

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress