#Claves de la semana
Plan Estratéxico Nacional de Loita contra a Radicalización Violenta

A catedral de Santiago, posible obxectivo yihadista segundo o Ministerio do Interior


|



José Luis Méndez Romeu, vén de presentar unha iniciativa parlamentaria logo de que o Ministerio do Interior e a Delegación do Goberno advertiran da ameaza yihadista contra a catedral de Santiago de Compostela.


Sinala que se trata da “primeira constatación en territorio galego da ameaza yihadista”, e pregunta ao goberno galego si ten decidido crear un Grupo Autonómico para o intercambio de información, de acordo coa Estratexia de Seguridade Nacional. Ademais solicita que o goberno informe do número de incidentes locais detectados en Galicia en relación co yihadismo e sobre a existencia de evidencias da posible relación de Resistencia Galega con esta ameaza.


Méndez Romeu lembra que a incorporación da Catedral de Santiago entre os posibles focos ameazados responde ao Plan Estratéxico Nacional de Loita contra a Radicalización Violenta, que segue a iniciativa da UE de “Loita contra a radicalización e a captación de terroristas” e que desenvolve a Estratexia de Seguridade Nacional.


Esta considera o terrorismo como unha das principais ameazas e os extremismos violentos como un dos factores que poden potencialo, e ademais sinala ao terrorismo yihadista como principal ameaza actual. Neste contexto é onde se define unha estrutura de Grupos Locais de carácter autonómico e estatal, así como a participación dos concellos a través da Federación de Municipios e Provincias.


O responsable socialista apunta que a Estratexia deseña unha ampla participación social e institucional para crear as condicións para o coñecemento preciso da situación actual e o éxito das medidas preventivas deseñadas. Sinala que o yihadismo “é pouco coñecido entre nós” debido ás “barreiras culturais e sociais”, que “dificultan o coñecemento directo deste pensamento radical derivado dunha determinada lectura restritiva do islamismo”.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE