jueves, 17 de agosto de 2017 09:42




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

Melide, A Xunta colabora cos concellos galegos no eido da competividade empresarial

Economía e Industria destina 1 Millón/€ para mellorar a competitividade dos parques empresariais galegos

|


Melide (A Coruña), 24 de marzo de 2015.- A nova orde de axudas para a habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresarias galegos destinará este ano 1 millón de euros co obxectivo de impulsar a competitividade industrial dos concellos da Comunidade. Deste xeito, tal e como avanzou hoxe o director xeral de Enerxía e Minas, Angel Bernardo Tahoces, o Goberno galego reitera a súa aposta polos concellos como administración máis próxima aos cidadáns, impulsando unha liña que permitirá mellorar a súa actividade.


A nova convocatoria, explicou Bernardo Tahoces, publicarase mañá no DOG abríndose o xoves o prazo de presentación de solicitudes. O programa permitirá, un ano máis, impulsar actuacións en eidos diversos como o aforro e a eficiencia no gasto enerxético, a creación de novas plantas de depuración de augas, a xestión de residuos, as vías de acceso ou a instalación de sistemas de seguridade e vixilancia.


Deste xeito, resaltou o director xeral, dáse continuidade ao traballo feito ata o de agora, que ten permitido apoiar actuacións como as levadas a cabo no propio parque empresarial melidense, no que se teñen mobilizado perto de 250.000 euros nos últimos 5 anos.


O programa prevé apoios de ata o 80% do custo subvencionable, cun máximo de 120.000 euros por solicitude. Unha cantidade que se incrementará ata o 95% e os 180.000 euros no caso de agrupacións de concellos. 


Así mesmo, e para facilitar aos municipios a modernización dos seus parques empresariais, permitirase o pago de anticipos de ata o 25% da axuda concedida. Faise así accesible a posta en marcha de actividades que incrementan a calidade destas infraestruturas.


Trala finalización dos traballos, sinalou Bernardo Tahoces, teranse impulsado 240 proxectos nos parques empresariais galegos desde o 2009, contribuíndo á mellora das infraestruturas de apoio ao tecido empresarial da Comunidade co obxectivo de atraer investimentos para os concellos galegos.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pombapress animation

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress