#Claves de la semana
“Enourense”, o portal dos viños “made in Ourense”, da un paso mais

A Deputación de Ourense colaborará cos catro Consellos Reguladores vitivinícolas

Manuel Baltar presentoulles aos presidentes de Ribeiro, Monterrei, Valdeorras e Ribeira Sacra o proxecto "Enourense", que permitirá abrir novas canles de comercialización para as adegas das denominacións de orixe.


|

Ourense.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse hoxe en Celanova cos presidentes dos consellos reguladores das cuatro D.O vitivinícolas da provincia de Ourense: Miguel Ángel Viso, do Ribeiro; Antonio Ángel Méndez, de Monterrei; Vicente Solarat, de Valdeorras, e José Manuel Rodríguez, da Ribeira Sacra, a quen propuxo establecer canles de colaboración en materia de promoción, innovación e comercialización "para este sector básico da economía da provincia de Ourense", explicou Baltar. Asemade, presentoulles o convenio de mellora da competitividade e innovación das Pemes do sector vitivinícola da provincia de Ourense –asinado en Fitur co Ministerio de Industria-, cuxa a acción principal é a creación do portal web de comercialización para as adegas das catro D.O. ourensáns, "Enourense", cumpríndose así un novo compromiso dos anunciados.


Segundo informou, a posta en marcha deste portal "irá acompañada de iniciativas de apoio ás pemes e de estratexias de innovación, ademais de realizar unha diagnose do sector e poñer a disposición das empresas unha plataforma de comercio electrónico e accións de promoción e asesoramento para mellorar a competitividade do sector".


A realización deste proxecto é posible grazas ao acordo entre a Deputación de Ourense e o Ministerio de Industria, a través da Escola de Organización Industrial (EOI), e ten un orzamento de 100.000 euros "e servirá para que as adegas utilicen esta ferramenta para comercializar os produtos das catro denominacións de orixe de Ourense", subliña Baltar


"Este é un paso máis, logo de presentar o proxecto PROMERCADO, de produtos endóxenos da provincia de Ourense –explicou Baltar-, porque o agroalimentario é un sector estratéxico da nosa economía, boa proba diso é que somos a provincia da España con maior número de consellos reguladores do ámbito vitivinícola e a Deputación de Ourense ten que estar ao seu carón para que vexan nela un aliado nesa visión integral de provincia que defendemos".


Logo deste primeiro encontro, Manuel Baltar afirma que se iniciará unha rolda para os siguintes, que se estima sexan bimensuais, "para que un sector tan importante e dinamizador da nosa economía saiba que segue a contar nas estratexias da Deputación de Ourense, tanto no que atinxe á modernización tecnolóxica dos consellos reguladores como a actividades vencelladas á promoción e comercialización coa colaboración do Inorde"..


Para levar a cabo o proxecto "Enourense" realizarase previamente unha diagnose (DAFO) do sector, analizando as fortalezas, debilidades, ameazas e oportunidades das empresas, así como os municipios que van formar parte do programa. Isto irá acompañado de actuacións de sensibilización e captación de Pemes. Seguidamente realizaranse accións de difusión do proxecto e porase en marcha a plataforma de comercio electrónico "Enourense" para favorecer a competitividade e a promoción das catro D.O. e das Pemes ourensás do sector do viño, unha ferramenta tecnolóxica que lles permitirá comercializar seus produtos e sevizos en Internet.


A última fase do proxecto será a de asesoramento ás empresas. Estímase que serán unhas 80 Pemes, coas que se elaborará un catálogo dos seus produtos e servizos para comercializalos a través de Internet.


A Deputación de Ourense participa no proxecto por medio do Inorde, que levará a cabo o traballo de captación das empresas beneficiarias, e colaborará coa Fundación Escola de Organización Industrial (EOI) na promoción e difusión do programa. Pola súa banda, a EOI deseñará e dirixirá as actividades e seleccionará aos participantes e destinatarios das accións, as cales se desenvolverán ao longo do ano 2015.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE