#Claves de la semana

Vídeo-creación, vídeo-xogos e tendencias dixitais,"Ourense ICCWeek", mañá en San Pedro de Rocas

En marcha o Ourense ICCWeek ,"nace cunha visión integral de provincia, pois promove a nosa cultura e riqueza monumental, complementadas con iniciativas de vangarda" e para convertir esta provincia nu“referente da creatividade” según Manuel Baltar

 

|


Ourense.-O mundo da vídeo-creación, os vídeo-xogos e as tendencias dixitais son os temas que se debaterán mañá no marco do "Ourense ICCWeek", o evento que reúne esta semana na provincia de Ourense en torno ao ámbito audiovisual a expertos, emprendedores, empresarios e público en xeral.


1112015OUiccRocas.png



Mañá mércores, no Mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos), entre as 10.30 e as 13.30 horas, abórdase o tema do "Mundo da vídeo-creación: mapping, demoscene e motión graphics". Pola tarde, de 16.30 a 19.30 horas, tratarase o tema de "V

ídeo-xogos e tendencias dixitais".

Nos relatorios participarán Óscar Testón, dire

ctor Vjspain, referencia en España no vídeo-mapping; Cristina de Silva e 

Nacho de la Vega, do colectivo artístico centrado na fotografía, o vídeo, os directos audiovisuais, o son e as instalacións multimedia; Eloi Maduell, enxeñeiro en informática especializado en audiovisuais en directo; Juanjo Fernández, experto en mapping e grandes proxeccións; Francisco Javier Rodríguez e José Manuel Louro, fundadores de RLS e membros da directiva da asociación española de desenvolvedores de videoxogos DEV; Gilberto Sánchez, director editorial de Virtual Toys e membro da directiva da asociación española de empresas produtoras e desenvolvedoras de videoxogos e Software de entretemento; Sergio Galán, enxeñeiro de Telecomunicación; Oriol Rosell, produtor de música electrónica e socio fundador de PatchWorks, e Óscar Mulero & Fium, que presentan "Biolive", un directo audiovisual no que a música en directo de Óscar Mulero, a xeito de diálogo, atópase co mundo visual do colectivo artístico "Fium".


Os obxectivos do Ourense ICCWeek son presentar a Ourense como unha área economicamente atractiva, que reivindica o seu espazo na vangarda das novas tendencias profesionais, e atraer expertos de diversos campos tecnolóxicos e marcas de referencia para fidelizar contactos profesionais. Tamén se pretende transferir coñecemento a empresarios locais e abrir un espazo de debate en torno a novos negocios, dinamizar os espazos rurais e potenciar o valor das infraestruturas e o acervo cultural da provincia de Ourense.


Asemade, o encontro ten como finalidade xerar canles de comunicación entre emprendedores, empresarios e expertos do sector audiovisual e sensibilizar sobre a importancia das industrias culturais e de entretemento como oportunidades laborais e de negocio.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE