#Claves de la semana
Santiago, reunion Internacional do Comité Europeo de Transplante de Órganos

Os expertos apostan por formar corpos especializados contra tráfico de órganos

250 expertos internacionais na materia que se deron cita nunha reunión de alto nivel celebrada con motivo da sinatura por parte de 14 países dun tratado de loita contra o tráfico de órganos, en Santiago .


|


Formar corpos policiais e de xustiza especializados na loita contra o tráfico de órganos e non esquecer que “sen médico non hai delito” son dous das claves que os expertos formulan para articular unha estratexia internacional contra esta lacra.


Estas e outras cuestións analizaron este mércores e xoves en Santiago 250 expertos internacionais na materia que se deron cita nunha reunión de alto nivel celebrada con motivo da sinatura por parte de 14 países dun tratado de loita contra o tráfico de órganos.


Joana Gomes Ferreira, do Comité de Expertos sobre o Funcionamento dos Convenios Europeos de Cooperación en Materia Penal, incidiu na necesidade de que o convenio asinado o mércores se amplíe a máis países e “sexa ratificado”, poñendo en marcha de forma efectiva nos Estados unha lexislación específica para estes casos.


Neste sentido, Gomes Ferreira asegurou que é necesario “pechar lagoas” entre os países e desenvolver “unha nova forma de cooperación” internacional que permita perseguir este tipo de delitos a todos os niveis.


Por iso, fixo un chamamento a que os diferentes países “formen” profesionais relacionados coa Policía e a Xustiza nesta materia con criterios similares. A idea, destacou, é crear “equipos multidisciplinares” especializados que estean preparados para combater esta lacra.


“SEN MÉDICO NON HAI DELITO”


Noutra orde de cousas, Alessandro Nanni Costa, do Comité Europeo de Transplante de Órganos, chamou a atención sobre o papel que xogan neste tipo de tráfico os profesionais sanitarios que extraen os órganos comprados e os transplantan aos seus receptores.


Sen médico non hai delito”, subliñou Nanni Costa, que incidiu na necesidade de traballar tamén neste factor, que está “no corazón do asunto”.


Ademais dos médicos que colaboran coas redes de tráfico de órganos, Alessandro Nanni Costa incidiu na posición dos facultativos que, nos seus países de residencia, asisten unha persoa que viaxou a outro país a facerse un destes transplantes. “O doutor non pode facer a vista gorda sobre este proceso”, sentenciou.


Pola súa banda, José Luis López del Moral, presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Cantabria, recordou que un dos temas analizados nas diferentes sesións deste encontro foi a definición de vítima de tráfico de órganos.


Neste sentido, sinalou que resulta evidente que os doadores son vítimas, pero admitiu que resulta máis complexa a cualificación dos receptores. Para López del Moral, o receptor entra dentro dunha categoría mixta de “vítima e partícipe”, non obstante, apostou por protexelo xudicialmente para contar con el como “colaborador da xustiza” na desarticulación de bandas.


CONVENIO


O convenio asinado inicialmente por 14 países contra o tráfico de órganos — aínda que se prevé incorporar máis estados– é “100 por cento penal” e permitirá establecer pautas internacionais e accións xurídicas concretas contra “tódolos elos” implicados neste comercio.


Tal e como recordou o xefe do Servizo de Loita contra a Criminalidade do Consello de Europa, Ivan Koedjinov, os datos dispoñibles apuntan a que “poucos doadores de órganos” que entran no comercio ilegal “melloran a súa situación económica”.


De feito, este experto sinalou que en máis da metade dos casos a situación económica dos doadores “empeora” a pesar do diñeiro recibido, dado que aumentan os seus gastos sanitarios por enfermidades e a incapacidade para traballar.


Os modos de vida actuais, con aumento das afeccións por factores como o sobrepeso ou o estrés, farán que nos próximos anos se incrementen nos países desenvolvidos as demandas de transplantes de órganos, explicou o director da Organización Nacional de Transplantes, Rafael Matasanz.


Para evitar que con iso aumente o mercado negro e as redes de tráfico, explicou, será necesaria unha estreita colaboración entre os estados, a implantación de medidas penais e o camiño cara á “autosuficiencia” dos países en materia de transplantes.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE