viernes, 18 de agosto de 2017 01:06




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

En Ga,icia temos máis listas de espera, colapso nas urxencias e unha quebra da equidade terapéutica, .

Besteiro: “É obsceno que Feijóo diga que a alternativa ao PP na sanidade é o réxime chavista, a resposta dos socialistas será recuperar a equidade terapéutica”

|


José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe que a declaración de onte no Parlamento do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cando manifestou que a alternativa ao PP na sanidade é o réxime chavista, “é simplemente unha comparación obscena e falsa, eu non podo entrar a discutir en termos de racionalidade humana unha afirmación así”.


“Unha falsidade, por suposto que hai unha alternativa ao modelo privatizador do PP, tal e como pasa noutras comunidades autónomas e noutros países”, afirmou o líder dos socialistas galegos. “A evolución sanitaria en Galicia a coñecemos todos, temos máis listas de espera, colapso nas urxencias e unha quebra da equidade terapéutica”..


“Todos os galegos deben ter a mesma resposta sanitaria, os cidadáns, independentemente de donde vivan, teñen que ter acceso á sanidade en igualdade de condicións”, asegura o Secretario xeral dos socialistas galegos, que lamenta que a día de hoxe a realidade sexa outra.


“A resposta e a alternativa dos socialistas é clara, o facemos sempre que gobernamos, a sanidade está en risco e detrás dos problemas nos servizos públicos veñen outros problemas de previsión social, como vemos que está pasando nas pensións”, sostén.


“O peto público das pensións tiña 60.000 millóns e agora pouco máis de 40.000 millóns, están reducindo de forma moi perigosa o colchón que da seguridade ao sistema e alguén do Goberno debería dar unha explicación á cidadanía”, engade o secretario xeral do PSdeG.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pombapress animation

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress