Lonxe do1,2% prometido po lo PPr nas pasadas eleccións europeas, a economía galega está prácticamente estancada.

A economía galega medrou so un 0,5% en 2014, fronte ao 1,4% de media no conxunto de España

|


Os socialistas galegos consideran que os datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE), que reflicten que Galicia é a comunidade autónoma que menos medrou en 2014, “deixan en evidencia as afirmacións de Núñez Feijóo cando fala dunha recuperación económica que non existe”.


A economía galega medrou un 0,5% en 2014, fronte ao 1,4% de media no conxunto de España, “unha realidade preocupante para Galicia que está moi lonxe da visión triunfalista do presidente da Xunta, que trata de enganar aos galegos vendendo unha falsa recuperación”, afirma o portavoz dos socialistas no Parlamento, Abel Losada.


“Galicia perde posicións co resto de España e España perde posicións con conxunto de Europa, as estatísticas oficiais son a consecuencia dunha pésima xestión do Partido Popular na Xunta e o Goberno a pesares dos seus intentos de agochar a verdade”, manifesta Losada.


“Cun crecemento do 0,5% non é posible crear emprego, a EPA do conxunto do 2014 recolle unha caída de 2.200 ocupados en Galicia, polo que o descenso nas listas do INEM é só consecuencia dos desanimados, os emigrantes e as persoas que chegan á súa idade de xubilación”, sostén o socialista.


En opinión do deputado do PSdeG, “temos que lembrar no día de hoxe que o Partido Popular prometeu un crecemento do 1,2% para Galicia nas pasadas eleccións europeas, outra mentira sen base real meramente electoralista, a economía galega está prácticamente estancada”.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress