#Claves de la semana
ÁS 2,00 SERÁN AS 3,00

A madrugada deste domingo adiantaranse os reloxos

ÁS 2,00 SERÁN AS 3,00


|

reloj23.jpg


A madrugada do próximo domingo, 29 de marzo, comezará oficialmente o horario de verán ás 2,00 horas, cando haberá que adiantar o reloxo 60 minutos e serán as 3,00 horas. 


O cambio supón un aforro potencial estimado de enerxía que podería alcanzar o 5 por cento, segundo estimacións do Instituto de Diversificación para o Aforro Enerxético (IDAE). O adianto da hora está fixado por unha Directiva Comunitaria do ano 2000, polo que rexe no conxunto da Unión Europea o 'cambio de hora'. 


O cambio de hora xeneralizouse de forma desigual dende 1974, a raíz da primeira crise do petróleo, pola que pola que algúns países decidiron adiantar os seus reloxos para aproveitar mellor a luz solar e consumir menos electricidade en iluminación.


En España e a Unión Europea aplícase dende 1981 cunha Directiva que foi renovada cada catro anos ata que no ano 2001 se consolidou o o seu carácter indefinido. O cambio realízase o último domingo de marzo e o horario estival mantense ata 

o último domingo de outubro, cando volverá rexer a hora 'normal' ou de inverno e se deberá atrasar unha hora.


A UE entende na súa Directiva que este cambio contribúe ao "bo funcionamento" dalgúns sectores, como os de transportes e de comunicacións, pero tamén outras ramas da industria e, por iso require unha programación a longo prazo.


Para IDAE, tras analizar "exhaustivamente" as repercusións, a medida ten impactos "positivos" non só sobre o aforro senón sobre outros sectores como o transporte, as comunicacións, a seguridade vial, as condicións de traballo e os modos de vida, a saúde, o turismo ou o ocio.

AFORRO


En concreto, o potencial de aforro de iluminación en España polo cambio de hora pode chegar ao 5 por cento do consumo eléctrico en iluminación, un dato que equivale, segundo os prezos de 2014, a uns 300 millóns de euros, dos que 210 aforraríanse en edificios do sector terciario e a industria e de 90 millóns nas vivendas, é dicir uns 6 euros por fogar.

A madrugada deste domingo adiantaranse os reloxos

Neste contexto, o IDAE recomenda "contribuír" ao aforro de enerxía durante todo o ano facendo un "uso intelixente" da iluminación e propón seguir pautas ou hábitos que poden permitir un aforro de ata 100 euros ao ano "sen renunciar ao confort".

Finalmente, aconsella aproveitar a luz natural; acordarse de apagar a luz cando se saia dun cuarto; usar lámpadas de baixo consumo e lámpadas LED como alternativa eficiente ás lámpadas halóxenos; usar iluminación localizada; decorar as vivendas con cores claras; limpar con regularidade as fontes de luz; usar reguladores electrónicos de fluxo para as halóxenas; acordarse dos tubos fluorescentes en baños, cociñas, trasteros e garaxes e instalar detectores de presenza en zonas de paso.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE