#Claves de la semana
EN OBRAS DE MEJORA

Xunta y Diputación de Ourense invertirán 848.000 euros en 46 colegios

O conselleiro Román Rodríguez, e mailo presidente provincial, José Manuel Baltar, asinaron un convenio que aposta pola cooperación administrativa e a optimización de recursos para o seu uso público, para lograr “un ensino sostible e de calidade”  

El Gobierno gallego considera este acuerdo una "apuesta" de las administraciones por la educación como "pilar básico de la sociedad"


|



Baños de Molgas, (Ourense).- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e mailo presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, asinaron hoxe un protocolo de colaboración para a posta en marcha de medio cento de intervencións de mellora en 46 colexios públicos de 36 concellos da provincia de Ourense, que supoñen un investimento de 848.000 euros ao longo deste ano.


Dito acordo ten como principal obxectivo coordinar as obras de reforma, ampliación e mellora (RAM) programadas pola Xunta de Galicia en centros de educación infantil, primaria e educación especial na provincia de Ourense coas actuacións de reparación, conservación e mantemento que son competencia municipal.


O conselleiro de Cultura e Educación salientou que o protocolo é “unha aposta das distintas administracións pola educación como piar básico da sociedade” xa que abonda na colaboración institucional entre concellos, Deputación e Xunta no que atinxe á conservación e mellora dos centros educativos. Román Rodríguez puxo en valor a importancia de “traballar por un fin común” como é o de lograr un ensino sostible e de calidade. Tamén agradeceu á Deputación de Ourense por facer posible este acordo, e as concellos de Ourense que se suman a esta iniciativa.


Reforma, ampliación e mellora


Ao abeiro deste convenio, a Consellería de Cultura e Educación levará a cabo obras de reforma, ampliación e mellora en 36 centros escolares de 30 concellos ourensáns, aos que se destina un orzamento de 424.000 euros. Trátase de actuacións como reparación de cubertas, reforma de fachadas, mellora de instalacións eléctricas, pavimento de pistas, eliminación de barreiras arquitectónicas, illamentos, ou caldeiras, entre outras.


Iniciativa de Futuro

Pola súa banda, Manuel Baltar cualificou o acordo como unha "iniciativa de futuro e a favor da infancia", ademais de destacar a importancia desta acción, que "permitirá impulsar actuacións de mantemento e conservación en escolas do rural ourensano".


A Deputación de Ourense destinará aos concellos outros 424.00 euros para acometer obras de reparación, conservación e mantemento en centros públicos con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos 2015. Segundo a programación de obras, o órgano provincial actuará en 20 centros escolares de 16 concellos da provincia.


Instalacións deportivas


As instalacións deportivas dos centros docentes que sexan obxecto de actuacións previstas neste protocolo poderán abrirse ao uso xeral da poboación fóra do horario lectivo para fins educativos, deportivos e culturais. Este feito poderá levarse a cabo sempre e cando que non se interfira na programación das actividades dos centros e que se garanta a súa correcta utilización.


Outros investimentos


Cómpre lembrar que o conxunto de investimentos para a provincia de Ourense en materia educativa recollido neste protocolo engádese aos 18,4 millóns de euros que se investirán en mellora das infraestruturas educativas e na dixitalización da totalidade das aulas de ensino público de Galicia a partires de 5º de Primaria.


Trátase, por tanto, dunha clara aposta por reforzar o ensino público en Galicia e que os nosos rapaces e rapazas conten coas infraestruturas físicas axeitadas e de calidade, e tamén coas infraestruturas tecnolóxicas necesarias para afrontar os retos de futuro.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE