jueves, 17 de agosto de 2017 09:46




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

Vence considera que a independencia do poder xudicial en España é unha “tarefa pendente”

Vence cuestiona a independencia do poder xudicial ao ver os seus órganos de xestión moi controlados por PP e PSOE

|


De feito, considera que a independencia do poder xudicial en España é unha “tarefa pendente”, pois asegurou, nunha entrevista en Radio Galega, que os órganos de xestión deste poder están “moi controlados” polos “grandes partidos”. “En particular PP e PSOE”, precisou.


Neste sentido, Vence considera que hai unha “cadea de mando” que “afecta a moitas decisións importantes”, que “son tomadas con criterios políticos”. Con todo, subliñou que “moitos xuíces” actúan “con independencia de criterio”, feito do que é “plenamente consciente”.


O portavoz nacional do BNG pronunciouse deste xeito tras a decisión do Tribunal Supermo de desestimar o recurso da RAG contra o Decreto do Plurilingüismo. “En Madrid non van entender e non van avalar unha defensa do galego”, resolveu.


“O Tribunal Supremo está composto por membros da xudicatura que teñen un perfil ideolóxico e político que encadra na ideoloxía de dous grandes partidos do sistema, o PP e o PSOE”, precisou Vence, para logo remarcar que estes “non van ser os que se convertan en garantes do galego”.


PAULA PRADO


Despois de que a investigación do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) sobre a deputada do PPdeG e exportavoz do partido, Paula Prado, non achase “delito algún”, Vence subliñou que “o informe en base ao que se sobresee ou se levanta a pena contra Prado [...] foi feito por unha persoa que acaba de ser nomeada, co apoio do PP, Fiscal Superior de Galicia” –en referencia a Fernando Suanzes–.


“Espero que non teña ningunha relación, pero algunha sospeita pode ser”, resolveu o portavoz nacional do BNG.


MUNICIPAIS


Vence tamén repasou a estratexia do BNG de face ás eleccións municipais e descartou un pacto global despois dos comicios con outras forzas. Así, sostén que se analizará “concello a concello”.


“Unha a unha, corporación a corporación, o BNG tratará de conformar goberno e de contribuír á gobernabilidade dos concellos con proxectos claros e ao redor de xente honesta”.


Vence tamén destacou que o Bloque está nun proceso para “incorporar a moita xente sen o carné do BNG”. A este respecto, asegurou que o seu partido suma “a todos aqueles que teñen como proxecto a defensa insobornable dos intereses de Galicia por encima de todo”.


Así mesmo, sostén que o proxecto está “ben orientado” para chegar a ser “unha forza maioritaria” na defensa de Galicia. “O que queremos é derrotar ao PP”, resolveu Vence, para logo asegurar que, o que quere o Bloque, é “revalidar ese proceso de recuperación do proxecto nacionalista no conxunto do país”.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pombapress animation

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress