#Claves de la semana
JORQUERA O PARLAMENTO GALEGO

O BNG pide para Galiza o mesmo fuso horario que Irlanda ou Portugal

O Grupo parlamentario do BNG rexistrou unha Proposición non de lei para subsanar o desfase entre a hora oficial e a hora solar


|


O portavoz do Grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera asegura que Galiza comparte fuso horario con Polonia, Suecia ou Noruega. Por unha razón política, o Goberno español “baixo a súa soberanía”, impuxo o mesmo horario peninsular a pesar da diferenza de “case unha hora” entre Fisterra e Barcelona.


Esta circunstancia, asegura o deputado na Proposición non de lei rexistrada para o seu debate en pleno, provoca que Galiza sexa un dos países do mundo con maior desfase entre a hora oficial e a denominada hora solar. Galiza xeograficamente está no fuso GMT-1, máis a hora oficial é a GMT+1 e no verán as zonas máis occidentais de Galiza chegan a ter unha diferenza de dúas horas e media a respecto da hora solar.


Historicamente o nacionalismo galego baseou en análises científicas as súas alternativas políticas, a diferenza dos que utilizan como bandeira o prexuízo, o complexo e a autonegación. Aqueles que descualifican o simple inicio deste debate en base “a prexuízos ideolóxico-políticos antigalegos” deben saber a aberración científica na que se sustenta o actual fuso horario, pois non hai ningunha razón de aforro enerxético ou de calidade de vida que o avale. Trátase dunha decisión estritamente política que naceu da vontade do Estado español, nos primeiros anos do franquismo, de homologar o seu horario oficial co da Alemaña nazi.


Reputados expertos, explica Jorquera, comezando polo Presidente da “Comisión nacional para a Racionalización de Horarios” comparten abertamente esta tese desde unha perspectiva non ideolóxica e dende outros ámbitos científicos tense tamén salientado a necesidade de procurar a idoneidade dun fuso horario para Galiza que permita maior aforro enerxético e mesmo unha mellor calidade de vida para os galegos. Inciden especialmente estas teses na conclusión de que “co actual sistema os galegos perdemos cartos”, pois lonxe de producir aforro, provoca un maior gasto enerxético.


Por estas razóns, o BNG insta á Xunta de Galiza a “demandar o cambio de fuso horario para adecuar a hora oficial de Galiza á dos países situados no seu mesmo meridiano”.


Por outra parte, o BNG tamén pregunta se a Xunta coñece a inadaptación do fuso horario que na actualidade lle corresponde a Galiza, un dos países do mundo con “maior desfase entre a hora oficial e a hora solar.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE