#Claves de la semana

‘A Esmorga’ triunfa na XIII Edición dos Premios Mestre Mateo

 "Non se pode ter a política económica de Alemaña tendo a política cultural de Tanzania", di Alfonso Zarauza ao recoller o galardón ao mellor director


|

‘A Esmorga’, con seis e ‘Os Fenómenos’, cun total de catro premios, comparten o triunfo na XIII Edición dos Premios Mestre Mateo, na que o actor Antonio Durán ‘Morris’ fíxose cos dous galardóns aos que optaba (Mellor interpretación masculina protagonista por ‘A Esmorga’ e Mellor Interpretación Masculina de Repartición por ‘Códice’).


Nunha gala celebrada no Palexco da Coruña e á que acudiu un gran número de persoas da cultura galega, ‘Os Fenómenos’, de Alfonso Zarauza, conseguiu os premios a Mellor longametraxe, Mellor guión, Mellor dirección e Mellor interpretación feminina de repartición, galardón que recaeu na actriz Ledicia Soa.


Pola súa banda, ‘A Esmorga’, de Ignacio Villar, triunfou nas categorías técnicas, levándose os premios á Mellor interpretación masculina protagonista (Antonio Durán Morris), Mellor dirección de Arte (Anxo Amaro), Mellor dirección de fotografía (Diego Romeu), Mellor música orixinal (Zeltia Montes), Mellor vestiario (Mar Fraga), e Mellor maquillaxe e barbaría (Susana Veira).


A outra película favorita, ‘Schimbare’, finalmente, alzouse cos premios á Mellor dirección de produción, que recaeu sobre Toni Veiga; e ao Mellor son, que recoñeceu o traballo de David Machado.


GALA


A XIII Edición dos Premios Mestre Mateo arrincou agradecendo o apoio do público, cunha franca intervención de Roberto Vilar. Tras un monólogo breve, que deixo clara a rapidez que caracterizaría o evento, Vilar destacou o bo momento que atravesa o audiovisual galego e que testemuñan producións como ‘Serramoura’, ‘Os Fenómenos’ ou ‘A Esmorga’.


Un dos puntos crave da gala foi o agradecemento ao público polo seu apoio á ficción galega, que se materializou nun vídeo-homenaxe aos ‘fans’, convidados de honra desta cita. Este recoñecemento continuou coa entrega do galardón á Mellor serie de televisión por parte dun ‘fan’ escollido pola Academia. O premio foi para ‘Serramoura’.


Tras iso, o equipo de ‘O Método Sueco’, gañadores do Mestre Mateo á Mellor serie web, reivindicou o “papel motor” dos máis novos que ten o audiovisual galego e a “gran cantidade” de web series que se realizan en Galicia “con moitas ganas e sen cobrar un duro”.


DISCURSOS


Unha vez entregados estes galardóns, o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Antonio Mourelos, pronunciou o seu discurso. Tras catro anos á fronte desta institución, Mourelos termina o seu mandato coa vista posta nun futuro cheo de “cambios por vir” e “infinidade de retos”.


O presidente lembrou o papel necesario do sector nun discurso marcado polos agradecementos, en especial ao público “máis fiel”, “un público sen complexos”, que acompañou ao audiovisual galego ao longo dos últimos 30 anos.


Tras a intervención de Mourelos, Mabel Ribeira entregou o premio de honra Fernando Rei á actriz Feli Manzano, a súa compañeira de rodaxe na clásica serie da TVG ‘Pratos Combinados’. No seu discurso, Manzano aproveitou para pedir que non se esqueza á súa xeración.


‘ANGROIS NON ESQUECEMENTO’


Outro dos momentos destacados da gala foi a dedicatoria do Colectivo Audiovisual Lentes Diverxentes, gañadores do premio ao Mellor documental por ‘Angrois non Esquecemento’. O equipo dedicou o premio ás vítimas do accidente e reivindicou a petición dos familiares de que se faga xustiza e búsquese a verdade”.


A gala finalizou coa entrega, por parte dos recentes gañadores dos premios Goya Nerea Barros e Javier Gutiérrez, do galardón á Mellor longametraxe.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE