#Claves de la semana

Besteiro esíxelle á Xunta que “deixe de mirar para outro lado” e garanta contratos homologados para os viticultores

O líder dos socialistas galegos visita a 52 Feira do Viño do Ribeiro en Ribadavia, na que reclama a intermediación da Xunta para defender aos produtores


|

Ribadavia, 02 de maio de 15. O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á Xunta que “deixe de mirar para outro lado” e asuma o seu papel de intermediación entre viticultores e adegas. Na súa visita á 52 Feira do Viño do Ribeiro, en Ribadavia, reclamoulle á Xunta que cumpra coa obriga de convocar a Mesa do Viño e garanta contratos homologados entre os viticultores e a industria.



Besteiro acudiu á Feira acompañado do alcalde, o socialista Marcos Blanco, e do candidato á alcaldía, Nacho Gómez, xunto aos que reclamou garantías para a instauración dos contratos homologados que contratan a recollida e un prezo digno. Instou a evitar situacións tristemente habituais como que haxa produtores que aínda non cobraron a uva do ano pasado.



Demandou “axuda para quen devolve á terra o seu valor”, como son os viticultores, porque “non pode ser que sufra o eslabón mais débil da cadea. Dixo que a Xunta debe ser a garante destes contratos e de reunir a Mesa do Viño, na que o goberno galego exerza como “garante dunhas relacións normalizadas entre viticultores e adegas”.



Advertiu que esta medida resulta “urxente e imprescindible para manter a viabilidade dun dos sectores mais importantes do sistema agrario e a estabilidade dos traballadores”. O responsable socialista visitou hoxe a 52 edición da Feira do Viño do Ribeiro, que, dixo, “mezcla economía, tradición, cultura e gastronomía” e que cualificou de “referente galego”.



O alcalde de Ribadavia, Marcos Blanco, presentou a Feira do Viño como “un referente e un exemplo de xestión”, e destacou o esforzo por modernizar o certame e incrementar a súa calidade. Hoxe, explicou, é un encontro “imprescindible para os viticultores, unha iniciativa novidosa, profesionalizada e chea de actividades que enriquecen o coñecemento e a dinamización do sector”.



Candidatura



Gómez Besteiro respaldou hoxe a candidatura socialista á alcaldía do Concello, encabezada por Nacho Gómez, para renovar a confianza concedida ao anterior alcalde, o tamén socialista Marcos Blanco.



Os socialistas ofrecen Ribadavia como mellor exemplo de “goberno para as persoas”, destinando mais do 23 por cento do orzamento a servizos sociais”, o concello con mais investimento social da provincia despois da capital.



Dixo que a candidatura de Nacho Gómez ven acreditada por 12 anos de experiencia e oposición “férrea e produtiva contra o baltarismo” dende a Deputación Provincial, onde é o portavoz do Grupo Socialista. Gómez está acompañado, dixo, dunha candidatura que “conxuga experiencia e renovación con xente nova e moi preparada”.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE