#Claves de la semana
Dende 27 de setembro ao 11 de outubro

Un novo proxecto no Camiño de Santiago aúna os valores xacobeos, o deporte e a solidariedade

‘El Reto del Camino’, traerá dende o 27 de setembro ao 11 de outubro ao Camiño de Santiago á ultramaratoniana Mariluz Viñas que percorrerá en 15 días os máis de 750 quilómetros que unen St. Jean Pied de Port e Compostela


O Camiño como reto para axudar a nenos con cancro


|

Santiago, 12 de maio de 2015.- A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, e a directora de Tee Travel, Mar Rodríguez, presentaron no día de hoxe o proxecto ‘El reto del Camino’, na Cidade da Cultura. 


A presentación contou tamén coa participación da protagonista do reto, a ultramaratoniana Mariluz Viñas,que realizará o incrible reto de percorrer en 15 etapas, correndo sen descanso, 52 quilómetros ao día do Camiño de Santiago, dende St. Jean Pied de Port ata Santiago de Compostela.


Así, dende o 27 de setembro ao 11 de outubro, a corredora que cumpre este ano 52 anos -de alí a cifra elixida para superar cada día- percorrerá máis de 750 quilómetros da Ruta Xacobea e o fará por un fin solidario. Cada quilómetro superado converterase nun euro destinado á Fundación St. Jude, unha institución dominicana sen ánimo de lucro que apoia espiritual, emocional e economicamente a nenos con cáncer.

Mariluz Viñas


Durante a presentación, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou o valor desta iniciativa que, segundo sinalou, combina os valores do Camiño de Santiago –identidade histórica, espiritualidade, intercambio cultural e valor patrimonial- cos do deporte e a solidariedade.


A responsable de Turismo da Xunta sinalou que o Camiño converteuse no principal elemento captador de turismo internacional. “Grazas a Ruta Xacobea, Galicia mostra o seu patrimonio tanto natural como cultural, os seus costumes e tradicións e por suposto, a súa tan venerada gastronomía a miles de turistas de todas partes do mundo”, explicou Nava Castro.


Neste senso, a directora de Turismo de Galicia destacou que dos mais de 34 mil peregrinos que chegaron xa no que vai de ano a Compostela, máis do 55% foron estranxeiros. “Estas cifras demostran que o Camiño de Santiago está en pleno auxe e actualidade e reflicten a gran capacidade da Ruta Xacobea para atraer turistas a nivel internacional”, explicou Nava Castro.


Asegurou que “o proxecto contribuirá a continuar promovendo o principal recurso turístico e cultural de Galicia a nivel internacional”.


Para finalizar, Nava Castro animou a todos a apoiar a Mariluz Viñas no seu espectacular reto camiñando xunto a ela nas diferentes etapas que percorrerá do Camiño de Santiago.


O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, destacou que o Camiño foi eixe da construción histórica e da formación da identidade cultural do noso continente, “unha senda que uniu pobos e construíu culturas”, explicou.


Sinalou que tanto o Camiño como o deporte constrúen xa que, segundo explicou, cimentan ás persoas cos valores únicos que conculcan e fortalecen as identidades colectivas aglutinando individuos que identifican condutas a imitar para lograr os retos a bater.


Concluíu afirmando que ‘El Reto del Camino’ constitúe un perfecto referente de como fomentar a actividade física e os hábitos saudables e de como encontrar no deporte un estímulo e ferramenta de mellora da sociedade e das condicións de vida das persoas.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE