A ourensá Noela Blanco, nova deputada no Parlamento de Galicia
A parlamentaria socialista tomou posesión do escano en substitución de Pachi Vázquez
Santiago de Compostela, 26 de maio de 15. A socialista ourensá Noela Blanco tomou posesión hoxe como nova parlamentaria autonómica en substitución de Pachi Vázquez. A nova deputada ten 34 anos e é secretaria provincial de Medio Ambiente do PSdeG-PSOE de Ourense.
A principios deste mes de maio Pachi Vázquez anunciou a súa dimisión como deputado do Parlamento tras darse por finalizado o sumario xudicial aberto contra el no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia co gallo da súa imputación por un presunto delito de malversación.
Licenciada en ciencias ambientais, Blanco é Máster en Prevención de Riscos Laborais e estudos de Ciencias Políticas e da Administración Pública. Dende 2008 e ata a súa toma de posesión, foi técnica de Prevención de Riscos Laborais de Sogama.
Escribe tu comentario