#Claves de la semana
LALIN (PONTEVEDRA)

a Xunta anuncia que xa están contratados os traballos arqueolóxicos no Altar do Sol, en Alperiz (Lalín)

Cualifica o xacemento como unha estrutura megalítica excepcional en todo o coñecido ata o momento do megalitismo do noroeste peninsular


|

O alcalde de Lalín Rafael Cuiña, e o Conselleiro de Cultura Román Rodriguez, na recreación da Malla


O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, anunciou que o seu departamento contratou os traballos arqueolóxicos no denominado Altar do Sol, situado en Alperiz (Lalín-Pontevedra).


Avanzou este asunto con motivo da súa participación na Malla de Doade, un rito convertido en romaría do que cualificou a súa importancia para manter vivas e divulgar as tradicións galegas máis singulares, e que se celebrou este sábado na contorna da Casa do Patrón.

Segundo explicou Román Rodríguez, o Altar do Sol de Alperiz é unha estrutura megalítica excepcional en todo o coñecido ata o momento do megalitismo do noroeste peninsular.

O obxectivo da intervención, que xa está contratada para poder comezar coa obra o 10 de setembro, é avaliar a morfoloxía do xacemento, as súas características, funcionalidade e cronoloxía, de cara; para o que se realizarán tarefas de limpeza da vexetación e de escavación.

Neste contexto, o conselleiro tamén sinalou que todos os traballos engadidos que o Concello de Lalín poida desenvolver na súa contorna redundarán nunha mellora integral deste ben.

Así mesmo, Román Rodríguez destacou a actuación que se está levando ao cabo noutro punto significativo do patrimonio cultural da comarca do Deza: a igrexa prerrománica de Santa Eulalia de Palio.

Neste caso, xa está en redacción o proxecto de rehabilitación do ben que, segundo as previsións, estará terminado no mes de setembro, para despois poder iniciar as obras.

Durante a súa participación na Malla, o conselleiro enxalzou o labor diario do Museo Etnográfico da Casa do Patrón, tanto ao redor deste evento como no campo educativo. Non en balde, a Consellería está a piques de renovar o convenio con esta institución para facilitar as visitas dos escolares a este complexo.

Román Rodríguez reiterou ademais o apoio do seu departamento, a través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, á posta en valor que a Casa do Patrón está a realizar no Castro de Doade, e comprometeuse a seguir prestando servizos de asesoramento aos arqueóloxicos que alí traballan, coa fin de que se poida continuar coa escavación e con consolidacións do xacemento arqueolóxico, para convertelo nun referente na cultura castrexa e nun punto de dinamización económica para a súa contorna. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE