#Claves de la semana
CERVEZA SIN GLUTEN

Estrella Galicia lanza unha cervexa apta para celíacos co mesmo sabor da orixinal

A nova bebida sen gluten lanzarase a todos os mercados esta mesma semana. "Era unha materia pendente", subliñou Ignacio Rivera, conselleiro delegado de Hijos de Rivera


|

Ignacio Rivera e Jon Zabala, na presentación da cervexa sen gluten (foto RP, Hijos de Rivera)


A cervexeira Estrella Galicia lanzou ao mercado unha nova cervexa sen gluten, apta para celíacos, acreditada co selo europeo de seguridade sanitaria da "Espiga barrada" pola Federación de Asociacións de Celíacos de España (FACE).


A fábrica da compañía galega acolleu esta mañá o acto de presentación, que contou coa presenza de Ignacio Rivera, conselleiro delegado de Hijos de Rivera; Luis Alvar, mestre cervexeiro de Estrela Galicia, e Jon Zabala, presidente da FACE.

"Era unha materia pendente cos celíacos que responde o espírito innovador" do grupo, acentuado estes últimos anos, subliñou Ignacio Rivera ante os xornalistas sobre esta nova cervexa, que se lanzará a todos os mercados desde esta mesma semana e, nuns dous meses, distribuirase a nivel mundial.

O ano próximo "vai ser un ano no que estalen moitísimas innovacións", augurou o conselleiro delegado de Estrella Galicia, que detallou que o primeiro formato desta nova cervexa será o terzo non retornable, aproximadamente ao mesmo prezo que a cervexa normal, pero "a medida que se requira lanzaranse máis formatos" e, se cadra, tamén sen alcol.

Para elaborar esta cervexa sen gluten seguiuse un método novo que garante ademais o sabor do "buque insignia" que é Estrella Galicia.

Este método, que é pioneiro, baséase na encima que degrada as cadeas de proteínas que conforman o gluten e, ao fracturalas en partes máis pequenas, deixa de ter unha acción prexudicial para celíacos, detallou Luis Alvar.

Polo menos o un por cento da poboación española é celíaca e este produto é "importante" para este colectivo co fin de "integrarnos máis na sociedade" e "facilitarnos no día a día", engadiu.

"Vai ser un boom entre os celíacos", augurou Jon Zabala, pois aínda que xa existe cervexa sen gluten, a nova Estrela Galicia apta para celíacos "seguro que vai ser un éxito porque o produto é moi bo".

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE