#Claves de la semana
MORRE ELECTROCUTADO EN CUNTIS (PONTEVEDRA)

Morre electrocutado un operario que traballaba nunha liña de alta tensión en Cuntis


|

Un home de 47 anos, coas iniciais M.G.B., natural de Huelva,faleceu electrocutado este martes mentres traballaba nunha liña eléctrica de alta tensión no lugar de Hervés, pertencente á parroquia de Troáns, no municipio de Cuntis.


No accidente tamén resultaron feridos dous compañeiros, de nacionalidade peruana, que foron trasladados ao Hospital Montecelo, segundo informa o 061. Son un home de 36 anos coas iniciais E.S.V., e outro de 54, J.F.E.


O accidente laboral tivo lugar ás 11.35 horas, cando manipulaban un cable de alta tensión da liña que une o embalse do Umia coa subestación eléctrica de Tibo. "Estaban tirando do cable e non saben por que causa tocou na viña e produciuse unha descarga moi forte", explicou no lugar do suceso o alcalde de Cuntis, Manuel Campos.


En canto o cable entrou en contacto coa liña de abastecemento eléctrico de Unión Fenosa, que transcorre uns metros por baixo, a descarga provocou o falecemento do operario de xeito fulminante, mentres os seus dous compañeiros quedaron insconscientes, segundo relataron efectivos da Garda Civil.


Trátase de traballadores dunha empresa subcontratada por Red Eléctrica para realizar labores de mantemento, dándose a fatal circunstancia de que o operario falecido levaba menos dun mes contratado.

No lugar atopábanse outros compañeiros, que deron inmediatamente a voz de alarma.


Como consecuencia deste suceso produciuse un corte de abastecemento eléctrico en toda a zona, estando afectada a parroquia de Troáns, Estacas e o polígono industrial da Ran.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE