#Claves de la semana
NOVO PRESIDENTE DA FEGAMP, PARA O PERIODO 2015-2019

O alcalde do Barco de Valdeorras, Ourense, elixido novo presidente da Fegamp

Os socialistas fanse coa presidencia do organismo que aglutina aos concellos galegos e propician  a vicepresidencia segunda do BNG, en detrimento de as mareas


|

Alfredo García, á dereita, e felicitado polo presidente da Femp, Abel Caballero.


O alcalde socialista do municipio ourensán, do Barco de Valdeorras,  Alfredo García, foi proclamado este venres presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) ao recibir 674 votos dos 1.754 depositados. 


Na asemblea xeral convocada pola institución para renovar os seus órganos de goberno para o período 2015-2019, a vicepresidencia executiva recaeu no rexedor de Oroso (A Coruña), o tamén socialista Manuel Mirás; a primeira, no de Cervo (Lugo), Alfonso Villares (PP); e a segunda, no de Carballo, Evencio Ferreiro. O aspirante das mareas a este cargo, Benito Portela, primeiro edil da vila coruñesa de Sada, non logrou o seu obxectivo. 


García contará co rexedor de Oroso, o tamén socialista Manuel Mirás Franqueira, como vicepresidente executivo. Por detrás, o primeiro edil de Cervo, Afonso Villares (PP), faise coa vicepresidencia primeira ao sumar 605 papeletas; e o alcalde nacionalista de Carballo, Evencio Ferrero, queda coa vicepresidencia segunda tras recibir 250 apoios.

Deste xeito, a lista alternativa impulsada polas mareas e que motivou que PSOE, PP e BNG presentasen a súa propia en lugar dunha plural, queda sen ningún cargo, con 208 sufraxios, pois os socialistas cederon uns 70 votos ao BNG para que puidese manter a súa representación institucional.


Así é que o alcalde de Sada, Benito Portela, non accederá a unha das vicepresidencias, a pesar de que as mareas recordaron que foron a terceira forza política nas eleccións municipais e que representan a uns 600.000 cidadáns de Galicia. Si contarán con representación na comisión executiva e o consello federal da federación. 


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE