O CREDO DO NADAL

José Luis Fernández Díaz
Colaborador

Nacido en Ourense en 1967. Estudou Maxisterio por Ciencias,especialista en Música. 

Licenciado en Ciencias Matemáticas especialidade de Estadística e Investigación Operativa na UNED.

Postgrado de Experto Universitario en Modelización de Riscos en Entidades Financieiras. 

Escrebo en varios diarios de Galiza, nalgúns co pseudónimo de José Luis Fernández Carnicero.

Mestre de Educación Musical no C.E.I.P. Calvo Sotelo (Carballiño).

Membro da Sociedade cultural: O Liceo de Ourense.

Membro do Consello Escolar de Galiza e do Consello Escolar Municipal de Ourense.

JLFCarnicerox1 2

Sempre crin que o Nadal era unha boa noticia, pero agora, vendo o que vexo, doume conta de que é un mercado que non ten volta atrás. Acredito que é unha boa oportunidade para vender, e pouco máis. Creo que tantas cores, luces e celebracións son unha boa excusa para nos xuntar amigos e familia, mais non sei como lles explicar aos que seguen sen emprego que chegou de novo o Nadal. Tempo de nenos nas casas, de agasallos forzosos. Tempo de lecer dalgúns e de boas palabras doutros moitos, pero tempo tamén de lembranzas dos que xa nos precederon.


Demasiadas crenzas doutros tempos que agora semellan diferentes. Boto en falta a "esencia" de algo que se converteu en tradición. E non sempre as tradicións conservan as esencias puras e sen mácula dos seus orixes. Cando alguén cree nalgo é moi difícil sacarllo da mente, pero o que si é posible é devaluar o seu contido. Nesta alturas, no século XXI, poucos lembran que no Nadal estamos a conmemorar o nacemento dun tal Xesús en Belem de Judea. Para o credo do Nadal é esa boa noticia da que lles falaba (de aí a palabra Evanxeo), pero para os que prefiren non afondar moito máis por estar fartos de relixións, non pasa de ser unha festa máis.


Seguro estou de que Xesús non gostaría do Nadal hoxe. Existen moitas razóns que me levan a pensar iso, pero a que vou compartir con todos, ten como base o texto que nos relata o seu nacemento. Para iso hai que botar unha ollada aos documentos das profecías de Isaías e Miqueas, que nos falan con claridade que Xesús tiña moi claro o seu propósito: dar a súa vida polos demáis, para despois volver a tomala. Lembro con certa pena hai algúns anos, unha conferencia dun deses teólogos que non acreditan na resurrección, pero aínda me doía máis a afluencia de público que xeraba, buscando solucións ás preguntas de sempre, é el respostaba que non coñecía a ninguén resucitado.


A importancia da figura dese tal Xesús está tan presente en todas as áreas da sociedade, que até os que afirman ser ateos, ven a necesidade de refutalo. Se alguén non existe, para que perder tempo con el?. Será por se acaso, quero pensar. Sen embargo son moitos máis aos que non lles interesa a mensaxe do amor. E isto si que pode parecer paradóxico. Os valores da figura de Xesús son tan atractivos como rexeitables para aqueles que non queren crer. As palabras do Sermón do Monte nos capítulos 4-7 do evanxeo de Mateo rematan cun epílogo definitivo: o home prudente constrúe a súa morada sobre a rocha. Se a rocha é a doctrina de Xesús, só nos queda seguir esa ensinanza e nacer de novo no propio Xesús. Daquela calquera día pode ser Nadal e todo o que se afaste desta meta é contrario aos intereses do propio Xesús. Por iso, quero pensar que a Xesús non lle gustaría o Nadal do xeito que o estamos a celebrar; sen acreditar no seu propósito.



Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE