#Claves de la semana

Asociacións ecoloxistas consideran insuficiente a sentenza do Prestige

Organizacións como Greenpeace ou Arco Iris critican que o capitán sexa o único condenado, sen adxudicar responsabilidades para a administración


|


A meirande parte das asociacións ecoloxistas celebraron a sentenza do Tribunal Supremo, que condena ao capitán Apostolos Mangouras a dous anos de cárcere por un delito medioambiental e abre a porta ao cobro de indemnizacións polos danos para o litoral galego, cifrados en máis de 4.300 millóns de euros.


Pero pese ao endurecemento da sentenza, seguen falando dunha condena insuficiente, que olvida a gran parte dos responsables da catástrofe. 


Así, o director executivo de Greenpeace, Mario Rodríguez, lamenta que o capitán sexa o único condenado cando "recibía ordes do armador, de capitanía marítima, de autoridade portuaria e do Ministerio de Fomento". Aseguran que "non están todos os que deberían estar, os que tomaron as decisións quedan fóra". 


Denuncian que a sentenza non resultará exemplarizante, polo que supón "un aviso a navegantes de que quen pase por España pode contaminar". 


Do mesmo xeito, dende a asociación ecoloxista Arco Iris ven insuficiente a condena de Mangouras, asegurando que exime a "quenes foron en última instancia os culpables ou responsables daquela catástrofe medioambiental". Consideran que "o caos e a descoordinación" que propiciaron a marea negra "quedará finalmente sen castigo". 


Dede Nunca máis, en cambio, amosáronse máis positivos. Valoraron positivamente a sentenza do Tribunal Supremo, xa que pese ao tempo transcorrido polo menos "acaba con aquela situación dun desastre sen un responsable".


relacionada O Tribunal Supremo endurece a condena contra o capitán do Prestige
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE