#Claves de la semana

Denuncian máis casos de abortos sen asistencia

A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto asegura que houbo mulleres que tiveron que abortar sen axuda en Ferrol, Lugo e Ourense


|


A semana pasada saltaron as alertas ante os casos de mulleres que denuncian que tiveron que abortar sen a axuda de ningún especialista no hospital materno da Coruña, un caso que será investigado polo Sergas. Pero segundo acaban de denunciar dende a Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, non estamos ante casos illados, senón a un problema que se repite noutros hospitais galegos. 


A voceira da asociación, Vitoria Louro, asegurou que recibiron chamadas doutras afectadas dende Ferrol, Lugo e Ourense, que tamén aseguraron que se viron forzadas a abortar sen axuda de persoal especializado. 



En todos os casos, dixo que se trata de mulleres que tiveron un aborto eugenésico, "dun embarazo desexado, onde houbo morte do feto ou malformacións". Ademais, engadiu que deron a luz "soas, sen atención de persoal especializado en ningún momento  do proceso".


Reclamou unha vez máis  "que se abra unha investigación, que se cumpran os protocolos e que se poña persoal especializado". Preguntada polas declaracións do director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, descartando aumento de persoal, dixo que lle parece "un escándalo".



"Corrobora que as mulleres somos cidadás de segunda", apostilou. Na mesma liña, vinculou cunha cuestión "ideolóxica" a situación á que se enfrontan estas mulleres, rexeitando que poidan aducirse cuestións económicas. "Ou ir a Madrid é máis barato", expuxo.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE